Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

#SLAltamar ─ Aportando os nosos propios datos a OpenStreetMap (Mapping Party)

Como unha xornada máis dos Sábados Libres na Altamar, o último sábado de outubro (25) imos facer unha festa dos mapas (mapping party) para levantar datos dalgunha zona de Vigo (aínda por decidir).

Dirixirán o obradoiro:

Micho García
Francisco P. Sampayo

Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos

Seminario sobre «creación e comercialización de produtos TIC en Software Libre» no CDTIC

Este venres 23 de maio, o Centro Demostrador TIC acollerá o seminario “Creación, desenvolvemento e comercialización de produtos TIC en software libre” que se impartirá en horario de 12.00 a 14.00 horas. Este seminario forma parte das actividades de formación específica para persoal directivo que se están a impartir desde o pasado 8 de maio e ata o 6 de xuño nas instalacións do CDTIC.

Asinade o «Pacto polo Software Libre»!

Chamada pública a todos os partidos políticos con presencia en Galicia e a todas as persoas candidatas:
Asinade o «Pacto polo Software Libre»!
http://hispalinux.es/sites/hispalinux/files/free-software-pact_gl_0.pdf

 

Sábados Libres na Altamar ─ Programación orientada a obxectos con Python e Vala

Sábado 31 de maio

POR FORZA MAIOR (enfermidade do director de obradoiro) queda aprazado para o sábado 7 de xuño.

Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.

Obradoiro dirixido por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW

Sábados Libres na Altamar ─ Git nun entorno de traballo privado

Para este 3º obradoiro sobre GIT, que se desenvolverá o próximo 17 de maio (sábado), como sempre na Residencia Altamar de Vigo, Jesús Amieiro, director do mesmo, proponnos:
 
O máis importante é o primeiro punto, que é a instalación dun entorno de traballo privado mediante a ferramenta libre Gitolite. O resto son elementos importantes pero que se quedaron fóra dos anteriores obradoiros.

Centralizamos as documentacións dos Sábados Libres na Altamar

Trás varias peticións de asistentes aos obradoiros, organizamos toda a documentación que van elaborando os distintos profesores/directores dos obradoiros, nuha mesma páxina estática.

Podedes acceder a ela directamente no menú esquerdo desta páxina.

GALPon Web → Documentación dos SLAltamar

Sábados Libres na Altamar ─ R: Entornos gráficos e creación de paquetes

O próximo sábado 26 de abril, continuamos cos obradoiros de R.

Este obradoiro vai seren dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia

Programa:

Imos polo bo camiño

A familia GALPon MiniNo acada as 20.000 descargas!
Isto supón que nos 3 últimos meses fixéronse 5.000 descargas

http://minino.galpon.org/gl/descargas

Asemblea anual de GALPon

Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 29 DE MARZO, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior

2º obradoiro de GIT (avanzado) nos Sábados Libres na Altamar

O proximo sábado 29 seguimos co 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar. Nesta xornada desenvolverase o segundo obradoiro práctico sobre o Sistema de Control de Versións GIT que novamente vai seren dirixido por Jesus Amieiro Becerra.

Resumo do contido:

Páxinas

Subscribirse a GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra - Web RSS