Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

1ª xornada dos «Sábados Libres na Altamar»

 

Maio, sábado 25

 

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
  • Arduino 1 - Programación de Arduino

PicarOS e «pequerrechos» - administrando o tempo

Etiquetas: 

PicarOS integrará na súa próxima versión unha ferramenta creada para nós polo noso compañero Sergio (aka raster) para o control do tempo de uso dun computador por un/ha pícaro/a.

Confirmación datas X Ciberencontro Kernel 2013

Os compañeiros de O Zulo veñen de confirmar as datas do seu X Ciberencontro Kernel 2013, para os días 19,20,21 e 22 setembro.

http://www.comunidadeozulo.org/novas-comunidade-ozulo/confirmacion-datas-x-ciberencontro-kernel-2013

Sábados libres na Altamar

Tras buscar onde facer algún obradoiro, atopamonos coa Colaboración da Asoc. Xuvenil Altamar, da Residencia Altamar (As Travesas) que depende da Xunta de Galicia, nuns locais da propia Residencia que nos permiten argallar un pequeno ciclo de obradoiros aos que chamamos «Sábados libres na Altamar».

Obradoiro «Introdución ao Software Libre e GNU/Linux»

Un ano máis, da man do Vicerrectorrado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo, GALPon impartirá un Obradoiro sobre «Introdución ao Software Libre e GNU/Linux».

Este obradoiro enmarcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2012-2013 da Universidade.

Toda a información no web de Extensión Universitaria

Índice do obradoiro:

Refachos de vim+bash+yad

Que é (será) un «Refacho»

Un refacho non é máis cun golpe de vento, unha ventada, o que en castelán se coñece como «ráfaga».

A nosa idea e facer unha serie de aulas moi prácticas, nas que os asistentes vaian practicando na realización de scripts/aplicativos/programas, baixo a tutoría dun experto.

Partindo do mínimo, do xa clásico «Ola xente», cada aula incrementará a dificultade, como se dun manual se tratase, ata acadar scripts complexos con integración de funcions, RegExp complexas, etc.

Cada refacho terá unha duración de 1:30 h e nunca máis de 1:45 h. A periodicidade será de unha cada mes a realizarse o último sábado de cada mes agás en xaneiro, no verán (xullo e agosto) e no nadal (decembro).

O máximo de asistentes será de 20, considerando como ideal 15 persoas.

Tendes máis información no noso wiki

Formulario de inscrición

V Noite Drupal & GNU/Linux

É un pracer confirmar a celebración da “V Noite Drupal & GNU/Linux” que se desenvolverá no local de Ada Formación en Narón o vindeiro 19 de xaneiro de 2013

Nesta edición decidimos ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre. Coa colaboración de GALPon (Pontevedra), Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e Asociación Ociorum (Coruña) estamos a crear un grupo de usuari@s galeg@s de Drupal. 
As #noitedl xurden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta dos citados GUL e asociacións. En Xullo de 2011 baixamos a Vigo e en decembro xuntos as nosos amigos de Inestable Drupaleamos en Ordes. En Marzo de 2012 estivemos cos nosos amigos de Ociorum en A Coruña. Agora é o turno de Narón!

Profesor experto en Vim, Bash e Yad

Para un ciclo de ponencias/obradoiros, totalmente prácticos sobre Vim, Bash e Yad, buscamos:

Profesorado técnico con acreditación ou prestixio recoñecido na comunidade.
Os obradoiros organizaranse na tarde do último sábado de cada mes (agás xullo, agosto e decembro) en Vigo.
Cada obradoiro adicará 20 minutos a vim, 50 a bash e outros 20 a yad.

Os interesados deberedes enviarnos as vosas propostas ao correo info@galpon.org

GALPon publica unha «Debian Cheat» en formato Cubo

Pensando fundamentalmente nos novos usuarios da GALPon MiniNo, vimos de publicar un «Debian Cheat Cube» , ou o que é o mesmo, unha «chuleta» para imprimir en cartulina, recortar e encolar, cunha escolma de ordes e a súa explicación en galego, para sistemas Debian.

Pódese descargar de aquí.

Presencia da MiniNo en Distrowatch

Etiquetas: 

Despois dunha semana desde a liberación da GALPon MiniNo 2.0 Ártabros, comprobamos a magnífica acollida que está a ter en Distrowatch. Para nosa sorpresa, cumpridos os 7 primeiros días, vemos que ocupa a posición 6 de distros máis visitadas.

Agardamos que estea á altura da curiosidade espertada e que sexa de utilidade para dar unha nova vida en liberdade aos equipos velletes :-)

Páxinas

Subscribirse a GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra - Web RSS