Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Aniversario de GALPon, nova versión de MiniNo

 

O día 16 de novembro de 2002 constitúese en Vigo o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra «GALPon», tendo como obxectivo:

Promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Hoxe, 10 anos despois, para conmemorar ese día, liberamos a nova versión da nosa «distro» GALPon MiniNo v_2.0 aka Ártabros e estrenamos unha nova web,construída sobre Drupal, que agardamos sexa máis funcional que a anterior baseada en «dokuwiki» que manteremos ligada para seguir tendo acceso a algúns consellos que recollemos nela.
É o noso desexo que esta nova versión de GALPon MiniNo sexavos de utilidade e agardamos, como temos tido ata agora, o voso apoio e os vosos consellos para seguir mellorándoa.

A difusión do Proxecto GALPon Minino forma parte das actividades que a Asoc. GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Miguel Anxo Bouzada

Presidente de GALPon

GALPon cumpre 10 anos

O día 16 de novembro de 2002 constitúese en Vigo o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra «GALPon», tendo como obxectivo:

Promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Agora, 10 anos despois, para conmemorar ese día, xuntaremonos arredor dun cocido e teremos un «cariño» para ofrecer o noso recoñecemento aos socios fundadores.

Resumo dos primeiros 10 anos da nosa historia

Vídeo MiniNo 2.0

Cando «Debian Wheezy + LXDE» só precisa 128 MB de RAM chamase GALPon MiniNo.

Un vídeo que fai un percorrido por algunhas das novidades que trae a nova versión de GALPon MiniNo 2.0 Ártabros.

Liberada RC2 de GALPon MiniNo

Etiquetas: 

Xa está dispoñíbel a «Release Candidate 2» de GALPon MiniNo Ártabros, tendela dispoñíbel aquí.
MD5sum: e3c96d9e36fec18a77c4c6278ae9f3b0 minino-rc2.iso

Publicada a RC1 de MiniNo

Desta volta, ademais de corrixir fallos menores, introducimos os elementos gráficos definitivos como son os fondos, e o inicio con Plymouth. engadimos algunha mellora nos instaladores (agora a icona no inicio ao vivo da acceso ao instalador avanzado) e engadimos a posibilidade (nos menús de utilidades de MiniNo) de axustar a hora do BIOS

Podedes descargala desde aquí

 e tamén o md5

Obradoiro LibreOffice na Universidade de Vigo

Galpon impartirá un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro eo 26 de novembro, tódolos luns e mercores de 15:00 a 17:00 horas, na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.

A matricula estará aberta desde o día 24 de setembro ata o día 5 de outubro.

Tendes máis info na páxina de Extensión Universitaria

Publicada a Beta2 de GALPon MiniNo v2 Ártabros

  • Corrixido un fallo na configuración de «initramfs» que impedía instalar plymouth.
  • Corrixido un fallo que impedía a correcta montaxe de unidades CD.
  • Corrixido un fallo no instalador automático que impedia un posterior formatado.
  • Corrixido un fallo no instalador automático, que non recoñecia discos sen formato.
  • Corrixido un fallo na selección do núcleo i686 como predeterminado.

GALPon MiniNo libera a primeira beta da nova versión 2.0.

Cales son os recursos hardware mínimos para executar a nova versión do Minino?

Nesta nova versión a máquina obxectivo foi unha equipada con:

  • Procesador de 1.0 GHz
  • 256 MB de RAM
  • Disco ríxido de 2,5 GB (a instalación ocupa 2,0 Gb + espazo swap)

A limitación de procesador e RAM vén determinada fundamentalmente polos actuais requisitos das páxinas web, xa que por baixo deses parámetros é moi difícil que un vídeo en flash de Youtube ou Vimeo póidase ver de xeito fluído. Aínda que non se descarta que se poida traballar con procesadores de 800 MHz e/ou con memorias RAM de 192 MB.

22 entidades sen arela de lucro reciben equipos informáticos reciclados con Sofware Libre doados pola Uvigo

O Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo, Gruvi coa coordinación da asociación GALPon, encargáronse de reciclar e actualizar con software libre equipos informáticos en desuso e obsoletos para o traballo diario na propia universidade.

GALPon MiniNo libera a alfa da nova versión .

Desta volta traballamos sobre Debian Wheezy, polo que creemos que esta versión debe ter unha longa vida. o que fai que teñamos moito interese en afinala con todo detalle.

Páxinas

Subscribirse a GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra - Web RSS