Vostede está aquí

Blogues

Vídeo MiniNo 2.0

Cando «Debian Wheezy + LXDE» só precisa 128 MB de RAM chamase GALPon MiniNo.

Un vídeo que fai un percorrido por algunhas das novidades que trae a nova versión de GALPon MiniNo 2.0 Ártabros.

Misión imposíbel

Parece o título dun filme, máis non o é, ou si, segundo desde que perspectiva queiramos interpretalo. O que seguro que é é a forma de describir mellor unha peripecia.


Esta peripecia xira arredor do intento de vivir nunha cidade proxectada cara a este século que ven de comezar, e descubrir que todo o esquema social, tódolos axentes sociais oficiais, proxecta esta cidade cara atrás, cara ó século XIX.


Como responsábel da organización de actos de GALPon vinme na necesidade de conseguir un local, aula, pequeno salón de actos, ..., con capacidade para (arredor de) 50 persoas e que abrira un sábado para facer unhas actividades, e descubrín que nesta nosa cidade de Vigo é «misión imposíbel».


Nunca se preguntou ninguén porque nesta cidade só se proxectan actividades para xubilados, estudantes e parados? pois a resposta é moi sinxela. Cando se pretende organizar un acto para técnicos que están traballando (en empresas ou como autónomos) vemos que é preciso perturbar o mínimo posíbel unha xornada de traballo, máis coa que está a caer, o que nos leva a programar cursos e xornadas de formación en fin de semana. Ademais, se tentamos traer a especialistas moi cualificados e/ou recoñecidos, poden asistir a impartir os seus relatorios ou lección en fin de semana, xa que noutros días interrompería a súa actividade profesional e, nalgúns casos, implicaría un desembolso en forma de honorarios que non é doado acadar.


Pensamos que se un traballador fai o esforzo de formarse e lle adica un sábado de seu, a empresa para a que traballa ben pode facer un pequeno esforzo e darlle «libre» a tarde do venres. Ata aquí, todo o que levamos falado con traballadores e empresas concorda, é boa idea; o malo ven cando, partindo da base de que estes cursos son concibidos como «aportación a sociedade», polo tanto de balde, non podemos permitirnos alugar instalacións de hoteis, centros de congresos, etc. así que nun primeiro lugar recorremos ao Concello. A nosa primeira sorpresa, o que queiramos... agás un sábado, xa que os sábados «todas» as instalacións culturais do Concello pechan en fin de semana (curiosamente, non pasa o mesmo coas deportivas). De seguido recorremos a organizacións empresariais... a mesma resposta. Acudimos a rede CeMIT (Xunta de Galicia), que ven de facer unhas inversións millonarias en toda Galicia, en Vigo concretamente dúas aulas e unha sala de audiovisuais, unha das aulas na Universidade (na que nunca vimos unha soa actividade, estando pechada decotío) e as outras dúas xestionadas en concerto co Concello, localizadas na rúa Oporto, e como anda o Concello polo medio xa sabemos, sábado pechado.


Certo que nun principio nós trabucámonos, xa que pensabamos que se acadabamos os 25 inscritos poderiamos darnos «cun canto nos dentes», polo que solicitamos (e concedéusenos) unha sala no Centro Social de Novacaixagalicia. O problema xorde cando vemos que levamos 40 inscritos e que non temos espazo para acollelos, tentamos que Novacaixagalicia nos cambie a unha sala con máis capacidade e xa non é posíbel, todo ocupado. É nesta cando comezamos a xeira de «paseos» polas demais institucións da cidade.


A día de hoxe temos 55 inscritos, máis do dobre do que podemos acoller e lamentabelmente vémonos na obriga de facer un corte no inscrito número 30 (estirando ao máximo a capacidade da sala da que dispomos) e lamentar que nesta cidade non sexa doado (por non dicir factíbel) procurar que os nosos técnicos teñan o mellor nivel. Nós tentaremos seguir adiante a pesares do pouco «sentidiño» dos responsábeis das moitas instalacións infrautilizadas, instalacións que tiveron un alto custo de instalación e teñen un alto custo de mantemento, mais que perden rendibilidade por seguir mirando aos esquemas de dispoñibilidade de tempo do século XIX.

smartmontools – Análisis de la vida de un disco duro

Bueno, ya sé que con la inminente llegada (de manera masiva) al mercado las unidades SSD llego un pelin tarde al escribir sobre el análisis de la información obtenida de SMART, y no hablo del modelo de coche, sino de una tecnología que se usa en los discos duros de los antiguos, si esos, los mecánicos.

S.M.A.R.T. ( Self-Monitoring, Analysis and Reporting Technology) es una tecnología que hace tiempo ya contienen todos los discos duros del mercado, es como un error log, que se guarda en una parte de memoria no volátil de la circuitería del propio disco duro y nos sirve para obtener información muy valiosa sobre el tipo y el estado de una determinada unidad, así como para determinar la vida útil que pueda tener.

Para obtener la información vital, existen dos herramientas, ambas contenidas dentro del paquete “smartmontools” en todas las distros que he probado: smartctl y smartd

LibreOffice 3.3.3 listo para descarga

Versión recomendada para institucións e grandes entidades

Novidades desde Galician NL Project / Proxecto Galego de LibreOffice:

«A Document Foundation anuncia a dispoñibilidade da LibreOffice 3.3.3, unha nova edición da máis estábel versión da suite libre de produtividade de oficina, dirixida a usuarios corporativos. LibreOffice 3.3.3 xa está dispoñíbel para descarga desde o seguinte enderezo: http://www.libreoffice.org/download.

PNG - 3.2 KB

Conforme Thorsten Behrens, desenvolvedor e membro do Comité Executivo da TDF, «LibreOffice 3.3.3 resolve varios defectos e mellora a seguranza da suite, con especial énfase nas necesidades de implantación en entidades, onde a estabilidade é máis importante que funcionalidades novidosas. Esta ramificación será sostida ata finais de ano, para permitir unha transición suave e segura a LibreOffice 3.4.x.»

LibreOffice 3.3.3 está dispoñíbel para Windows, MacOS X e Linux (DEB e RPM), en máis de 100 idiomas diferentes (máis de dúas veces da cobertura idiomática cos produtos privativos comparábeis). Os usuarios de LibreOffice 3.3.2 están convidados a actualizar o seu software.»

Ver en liña : LibreOffice 3.3.3 listo para descarga

El “test del parche” para la pureza Open Source

Lido (copia e pega) en: La pastilla roja

Hay un viejo dicho en política que es algo parecido a : “el legislador puede dictar las leyes que quiera siempre y cuando me deje a mi redactar y aplicar las regulaciones”. A estas alturas tanto los fenómenos del Open Source Comercial y el Open Core como la distribución que Google está haciendo de Android ya han puesto claramente de relieve que es perfectamente posible liberar un software bajo licencia Open Source que, en la práctica, no es Open Source, debido a que se han creado tantas trabas a todo aquel uso que no interesa al fabricante que el licenciatario simplemente desiste de intentar ejercer las libertades que le otorga la licencia.

Andrew C Oliver proponía en el sitio web de OSI hace un par de meses el Test del Parche: si puedes fabricar un parche para el producto, enviarlo al fabricante y que este lo incluya dentro de la próxima distribución oficial entonces y sólo entonces el producto que tienes entre manos es realmente Open Source.

II noite Drupal & GNU/Linux

Despois da primeira experiencia coa «noite drupal&gnu/linux» organizada polos compañeiros da comunidade O Zulo de Mugar2.0, e recollendo o facho que lanzaron ao remate da mesma, Galpon inicia os pasos para por en marcha a II noite drupal&gnu/linux.

Esta segunda edición celebrarase en «a cova dos ratos» na rúa Romil, nº 3 de Vigo o vindeiro día 1 de xullo (venres) desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada e terá como proxecto a realización dunha proposta de mestres de varios colexios de Nafarroa (Navarra) que podedes seguir en: http://goo.gl/c36E3

Salientar que temos proxectado que toda a «noite» sexa retransmitida ao través de dous puntos de fluxo de vídeo (streaming), un coa imaxe e o son do entorno e outro no que seguir a pantalla de proxección interna, na que iremos vendo as actividades sobre o servidor (terminais, consolas, etc...) presentacións e/ou documentacións dos participantes, así como as vistas previas que se vaian facendo. Isto requirirá que os que queiran seguilos deberan ter abertas dúas instancias de VLC (ou o que prefirades) adicando cadansúa ao seu URL correspondente.

Seguiremos a empregar a mesma infraestrutura que xa xeraron, no seu momento, os compañeiros de O Zulo, como é o URL para as inscricións http://www.comunidadeozulo.org/noite e a plataforma Moodle. As inscricións abriranse o domingo 12 de xuño.

Nesta edición contamos co apoio económico e técnico da empresa TEGNIX.

Novo servidor réplica de LibreOffice desde Vigo

Como colaboración coa comunidade galega de LibreOffice, onte puxemos en marcha un servidor de réplica ou «mirror» de LibreOffice, que é réplica do oficial e que xa figura na lista de réplicas da propia Fundación, tal e como se pode comprobar ná páxina de servidores de réplica da The Document Foundation.

Esta réplica sincronizase cada 8 horas, co que garantese que estea sempre actualizada.

Para a súa construción, os administradores de sistemas de Galpon, seguiron as indicacións feitas pola própia TDF na súa páxina sobre o «mirroring».

Os enderezos son:

http://mirror.galpon.org/tdf e ftp://mirror.galpon.org/tdf

GALPon MiniNo facendo as Inglaterras... e outros mundos...

Ven de ser publicado un artigo  na revista LINUX FORMAT nº143, Abril 2011, Sección "Distrowatch" por parte de Susan Linton, editora de tuxmachines.org

Para a xente do gato

MiniNo: unha distro que está a roufeñar no escritorio onde Puppy pode roñar.

Aquí temos unha pequena distro que poida que non coñezas: MiniNo. É unha alternativa a Puppy Linux que foi deseñada para ordenadores vellos ou con baixas capacidades técnicas, e parece perfecta tamén para minicomputadores. Baséase en Debian e os seus aplicativos están elixidos específicamente para ser lixeiros e con pouca carga. Está desenvolvida en España, pero ofrece dispoñibilidade en Inglés, Galego ademais de Español.

MiniNo chega como un LiveCD instalable. O escritorio é unha implementación de IceWM altamente modificada, cun tema increíblemente atractivo, que chega ata  o punteiro do rato.

O panel superior ten varios aplicativos categorizados en botóns que ofrece software alternativo. Se algo non está instalado, invitarache a instalalo. O software está limitado nalgunhas áreas, pero ofrece unha boa cantidade de eleccións. As moitas utilidades e ferramentas lembran a Puppy ou DamnSmall en que probablemente están baseados na consola. Se cadra non son moi difíciles de usar, pero poden non ser moi bonitas.

Entre o software incluído temos Netscape?, con complementos para YouTube, mtPaint, Ayttm, Brasero, Abiword, Gnumeric, Wicd e algúns xogos de entretemento. Ata vén con Synaptic configurado cos repositorios de Debian.

É unha impresionante pequena distro incriblemente rápida.
MiniNo é a palabra española para pussycat e o seu logo é a cabeza dun gato. Con todo, a distro enteira é un concepto ben xeitoso.

UVigo.tv publica as gravacións do «Día da liberdade dos documentos»

Xa están dispoñíbeis no web da Universidade de Vigo os vídeos gravados durante os actos que se celebraron na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Ligazón completa: http://tv.uvigo.es/serial/index/id/980#980

O núcleo (kernel) de Linux cumpre 20 anos

I'll be celebrating 20 years of Linux with
The Linux Foundation!

Para celebrar os vinte anos do nacemento do kernel de Linux, a Linux Foundation creou este vídeo que nos gustaría compartir con todos os nosos lectores. Noraboa Linux!

Páxinas

Subscribe to RSS - blogs