Vostede está aquí

drupal

II noite Drupal & GNU/Linux

Despois da primeira experiencia coa «noite drupal&gnu/linux» organizada polos compañeiros da comunidade O Zulo de Mugar2.0, e recollendo o facho que lanzaron ao remate da mesma, Galpon inicia os pasos para por en marcha a II noite drupal&gnu/linux.

Esta segunda edición celebrarase en «a cova dos ratos» na rúa Romil, nº 3 de Vigo o vindeiro día 1 de xullo (venres) desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada e terá como proxecto a realización dunha proposta de mestres de varios colexios de Nafarroa (Navarra) que podedes seguir en: http://goo.gl/c36E3

Salientar que temos proxectado que toda a «noite» sexa retransmitida ao través de dous puntos de fluxo de vídeo (streaming), un coa imaxe e o son do entorno e outro no que seguir a pantalla de proxección interna, na que iremos vendo as actividades sobre o servidor (terminais, consolas, etc...) presentacións e/ou documentacións dos participantes, así como as vistas previas que se vaian facendo. Isto requirirá que os que queiran seguilos deberan ter abertas dúas instancias de VLC (ou o que prefirades) adicando cadansúa ao seu URL correspondente.

Seguiremos a empregar a mesma infraestrutura que xa xeraron, no seu momento, os compañeiros de O Zulo, como é o URL para as inscricións http://www.comunidadeozulo.org/noite e a plataforma Moodle. As inscricións abriranse o domingo 12 de xuño.

Nesta edición contamos co apoio económico e técnico da empresa TEGNIX.

uvigo.tv publica os vídeos do curso de «Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres»

Uvigo.tv, ven de publicar a colección de vídeos gravados durante o curso de «Administración avanzada de sistemas informáticos con ferramentas libres», Os cursos foron organizados por Galpon, coa colaboración do Dpto. de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e realizados nos días 2, 3, 4, 5 e 8 de novembro 2010 na aula T214 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo. Campus de Marcosende, Vigo.

Lo que aprendí de la Galponada de Drupal

Etiquetas: 

Después de haber asistido a la galponada que dió Rafa, me he llevado la impresión de que el Drupal mola pero aún no lo he visto a pleno rendimiento...

Según entendí, el Drupal lleva desarrollándose desde el 2000, está actualmente en más de 100.000 sitios web e incluso está recomendado por IBM gracias a la robustez de su código fuente.

Su gran competidor es el Joomla (que apenas conozco).

Galponada "Introducción a Drupal"

Etiquetas: 

El sábado día 6 de octubre, a las 19:00 en A Cova dos Ratos (calle Romil número 3, Vigo), habrá una galponada que tratará sobre el CMS Drupal guiada por Rafa Couto. El objetivo es conocer, partiendo de cero y a modo práctico, uno de los gestores de contenidos más usados en la actualidad y con más proyección de futuro a corto plazo. Colabora la Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

Galponada "Introducción a Drupal"

Etiquetas: 

O sábado día 6 de outubro, as 19:00 na Cova dos Ratos (rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto plazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

Nueva versión 5.2 de Drupal con actualización de seguridad

Etiquetas: 

La nueva revisión es una actualización de mantenimiento para arreglar un par de vulnerabilidades de
seguridad. Si bien los fallos no son fáciles de explotar, siempre existe la posibilidad de hacerlo,
por lo que se recomienda actualizar los Drupal ejecutándose en entornos de producción, tanto para
la versión 5.x como para 4.7.x.

Nova versión 5.2 de Drupal con actualización de seguridade

Etiquetas: 

A nova revisión é unha actualización de mantemento para arranxar un par de vulnerabilidades de seguridade. Se ben as fallas non son doadas de explotar, sempre existe a posibilidade de facelo, polo que recoméndase actualizar os Drupal executándose en contornos de produción, tanto para a versión 5.x coma para 4.7.x.

Vota por Drupal

Etiquetas: 

Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.

 

Recursos para traducir aplicacións á Lingua Galega

Temos recursos dabondo, dispoñibles na rede e gratuitos, para axudarnos coa laboura de traducir dende a lingua nai do desenvolvedor á nosa lingua. Este é unha análisise viva dos programas xestores de cadeas de traducción e das ferramentas en liña (glosarios e diccionarios).

Este artigo vai paralelo á tarefa da documentación no wiki do recentemente creado Galiza Drupal Group, ó que animamos a xente a subscribirse para colaborar ou estar ó tanto dese proxecto.

Nova cara para GALPon.org, mesmo espíritu

Etiquetas: 
GALPon.org preséntase cunha nova inteface gráfica froito do cambio de sistema de administración de contidos web. Mellorar o acceso da información e proporcionar novas ferramentas a todas aquelas persoas interesadas en promover e difundir o uso do Software Libre foi o que nos fixo escoller un novo esquema web baseado en Drupal, permitíndonos estar máis preto da Web 2.0

Páxinas

Subscribe to RSS - drupal