Vostede está aquí

educación

Finou o creador do «Proxecto Gutemberg»

Michael Hart and Gregory Newby at HOPE ConferencePara os que non saben quen é Michael S. Hart diríalles que é unha das poucas persoas que entendeu o valor dos eBooks como un elemento democratizador da cultura e que traballou para que todos poidamos ter ao noso alcance a maior cantidade de libros posíbeis apenas caducaran os dereitos de autoría que seguen estendéndose como un polbo con esteroides… e petou.

Para os que non coñecen o Proxecto Gutenberg é basicamente un esforzo de voluntarios que doan ou escanean libros para crear un arquivo cultural que serva para distribuir a maior cantidade posíbel de libros electrónicos na maior cantidade de formatos posíbeis ata ten unha sección en galego onde hai marabillas como (unha das últimas incorporacións) o Catecismo d'a Doutrina Labrega :)

Unha mágoa perder a alguén que fixo tanto por democratizar a cultura… e que tivo tantas batallas en fin, paga a pena botarlle un ollo ao obituario

II noite Drupal & GNU/Linux

Despois da primeira experiencia coa «noite drupal&gnu/linux» organizada polos compañeiros da comunidade O Zulo de Mugar2.0, e recollendo o facho que lanzaron ao remate da mesma, Galpon inicia os pasos para por en marcha a II noite drupal&gnu/linux.

Esta segunda edición celebrarase en «a cova dos ratos» na rúa Romil, nº 3 de Vigo o vindeiro día 1 de xullo (venres) desde as 22:30 ata as 5:30 da madrugada e terá como proxecto a realización dunha proposta de mestres de varios colexios de Nafarroa (Navarra) que podedes seguir en: http://goo.gl/c36E3

Salientar que temos proxectado que toda a «noite» sexa retransmitida ao través de dous puntos de fluxo de vídeo (streaming), un coa imaxe e o son do entorno e outro no que seguir a pantalla de proxección interna, na que iremos vendo as actividades sobre o servidor (terminais, consolas, etc...) presentacións e/ou documentacións dos participantes, así como as vistas previas que se vaian facendo. Isto requirirá que os que queiran seguilos deberan ter abertas dúas instancias de VLC (ou o que prefirades) adicando cadansúa ao seu URL correspondente.

Seguiremos a empregar a mesma infraestrutura que xa xeraron, no seu momento, os compañeiros de O Zulo, como é o URL para as inscricións http://www.comunidadeozulo.org/noite e a plataforma Moodle. As inscricións abriranse o domingo 12 de xuño.

Nesta edición contamos co apoio económico e técnico da empresa TEGNIX.

UVigo.tv publica as gravacións do «Día da liberdade dos documentos»

Xa están dispoñíbeis no web da Universidade de Vigo os vídeos gravados durante os actos que se celebraron na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Ligazón completa: http://tv.uvigo.es/serial/index/id/980#980

Curso de "Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo

Como tódolos anos, novamente GALPon imparte un Cursoo de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.

Este próximo curso iniciase o  2 de marzo e rematará o 30 de abril, as clases serán de 16:00 a 19:00 tódolos martes e venres (agás os festivos). Terán lugar na Aula Informática 105 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións

O curso está aberto a todo o público en xeral. e para os estudantes habilitan cretos de libre elección (2)  ou E.C.T.S. (1). A inscrición está a berta dende hoxe.

Cursos para directivas de ANPA do concello de Pontevedra organizado pola FANPA

 

O curso será impartido por GALPon e sempre baixo  software libre e estándares abertos

Cursos para grupos de 10 persoas, por orden riguroso de inscrición, poden anotarse por correo ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

Euskadi saca a concurso miniportátiles con Windows XP y Office ante la indignación de la comunidad de Software Libre

Logo Goberno VascoEuskadi saca a concurso los primeros 20.000 miniportátiles con Windows XP y Office ante la indignación de la comunidad de Software Libre que considera ilegal este procedimiento y en contra del manifiesto al que el partido del propio Patxi López se sumó defendiendo el Software Libre.

As empresas galegas de Software Libre reúnense coa Consellería de Educación

EducacionA Asociación Galega de Empresas de Software Libre reuniráse coa Consellería de Educación para estudar a implantación de Software Libre nos centros de ensinanza de Galicia. Este xoves, o xerente de AGASOL contará co apoio das empresas galegas, grupos de usuarios a prol do Software Libre ademáis de profesorado que empregan xa esta tecnoloxía con éxito nos seus centros a pesares do nulo apoio por parte da Consellería no uso de Software Libre nos centros.

Hispalinux censura o custo económico e a dependencia tecnolóxica da "solución" Microsoft para educación

Novamente, e sen concurso público, a nosa industria do software podería recibir un golpe definitivo por parte do Goberno para beneficiar ao monopolio. En España hai aproximadamente 2,6 millóns de alumnos de primaria que, segundo varias filtracións de prensa non desmentidas, van recibir un mini-PC co software de Microsoft preinstalado.

Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007

En datas próximas sairá publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 

Novo acordo de Microsoft coa Consellería de Educación da Xunta

Vieiros ven de publicar unha nova que confirma un novo acordo entre Microsoft Ibérica e a Consellería de Educación para incorporar programas do xigante no ensino galego.
Subscribirse a RSS - educación