Vostede está aquí

Akademy 2015 na Coruña

Da man dos compañeiros «do norte» (GPUL) temos festa da liberdade na última semana deste mes.

Akademy é o cumio anual mundial de KDE, unha das maiores comunidades de software libre no mundo. Tratase dunha actividade gratuita, non comercial organizada pola Comunidad de KDE.

Akademy 2015 terá lugar na Coruña, do 25 ata o 31 de xullo

Akademy ofrece unha conferencia de 2 días con presentacións sobre as últimas novidades de KDE, seguido de 5 días de obradoiros, Birds of a Feather (BOF) e sesións de codificación. É unha oportunidade para coñecer aos colaboradores clave de KDE, aprender sobre as últimas características e gozar un bon ambiente. Encontros cos desenvolvedores, artistas, tradutores, mantedores de augas arriba e augas abaixo (upstream e downstream), usuarios e líderes da industria do software libre e abertos a calquera persoa.

Máis info en mancomun, na páxina da actividade (en inglés) ou na páxina de KDE España.