Por fin outro novo evento "Noite Drupal & GNU/linux" a piques de sair do forno. Esta vez tocará en Ordes o día 9 de decembro do 2011. Esperamos que coma sempre sexa un grandísimo éxito, nós estamos impacientes por asistir.
E sobre todo, gracias aos nosos amigos Inestable, comunidade O Zulo e Ociorum por permitir unha nova noite drupal.

Partindo dun formato aberto e dun caso práctico moi sinxelo, tentaremos entre todos darlle forma nas sete horas que durará o evento. Divideremos a noite en varias partes. Cada parte terá unha sesión introdutoria a modo de charla informal breve sobre un tema en concreto, dende a presentación das tecnoloxías a empregar ata os "hacks" e configuracións que aporten os asistentes.

Estamos convencidos de que o coñecemento libre e compartido é unha peza fundamental para a o desenvolmento dunha sociedade libre e xusta. Asiste ó evento! Queremos ensinar! Queremos compartir! Queremos aprender!
Estamos a argallar unha cea previa ao evento, nun sitio económico e familiar antes do evento. Publicaremos neste espazo os nicks dos asistentes así coma o lugar e hora da cea uns días antes da III Noite Drupal & GNU/Linux.
Difusión
Usaremos o hashtag en twitter e identi.ca #noitedl