Linux Mint 4.0 Daryna XFCE Community Edition BETA 008

Etiquetas

Estiven estes días pasados probando a Linux Mint 4.0 Daryna XFCE Community Edition BETA 008 e despois de moitas instalacións, modificacións e todo o que se vos ocurra que puiden facer con ela, só teño unha palabra para definila, espléndida.

Tanto remexín nela que ata fixen un manual que está na nosa wiki para empregala en máquinas de medio porte

Pode que alguén pense que só é unha Xubuntu Gutsy "maqueada", pero detras dela hay moito e moi bon traballo.

Creo, sen dubida ningunha, que é neste momento a mellor alternativa, a Xubuntu resulta moi espartana, e neste caso non ten nada que envidiar a facilidade de traballo con calqueira Gnome e nalgúns casos superando a Ubuntu-gnome matriz, explicome:

Argallando con ela, tras unha instalación, sin configurar nada, nin cambiar nadiña de nada, naveguei polo directorio de "inicio" e vexo un directorio chamado "Network" abróo a ver que ten, e cal é a miña sorpresa, dentro estan as miñas outras máquinas, e nelas as "carpetas compartidas" de cada unha.

Algunhas cousas dignas de mención:

Compiz-Fusion instalado e listo para traballar

Amáis do Xestor de módulos restrinxidos incorpora Envy

Exaille en vez do infumable XFMedia

Todolos codecs cargados

Wicd en vez do inestable NetworkManager

Como queimador Brasero

Ademáis dunha serie de aplicacións específicas unhas do tipo "Centro de Control", outras para instalacións directas dende a web de Linux Mint, Outra forma de actualizar coa posibilidade de que cadaquen defina as suas preferencias, e moitos etceteras máis.

E pra rematar, non menos importante por elo, o acabado cun coidadisimo tema de "Murrina" con iconas "Celena", fermosísimo.

Por favor, probadea e veredes que delicia.