A Xunta hipoteca o futuro do funcionariado ofrecéndolle formación en Software Privativo

EGAP"Pan para hoxe e fame para mañá", así definiríase a política de formación que está a levar adiante a  Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en relación á oferta de cursos para o funcionariado que discrimina negativamente o emprego de Software Libre e estándares abertos que promove o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), aprobado no parlamento galego o ano pasado.

Nesta oferta formativa inclúense en proporción elevada cursos de Word, Excel, Access ou Powerpoint e simbólicamente os de OpenOffice Writer e Calc, éstes últimos en formato online en lugar de presencial.

A realidade que se observa na Administración Pública é de pequenos e difíciles progresos pola grande "inercia" que ten o funcionariado a cambiar de aplicacións. Se non se inclúe formación que ofreza este soporte é lóxico que o persoal se sinta indefenso ou mesmo inseguro co cambio.

É moito máis importante unha politica firme de formación no emprego de Software Libre e estándares abertos que facer unha migración das aplicacións se o persoal non é quen de traballar con elas.

Que podemos agardar da Administración? Penso que moi pouco.

E que podemos agardar do funcionariado? Por desgracia vese que tamén pouco.

De todos xeitos non se lle pode botar a culpa a eles, xa que como todos viven inmersoso na cultura do predominante. E para saires de ahí, compre non só estar preparado, senon ter vontade de facelo.

A liberdade custa. Pero sempre merece a pena.

 

O funcionariado que culpa ten? A miña esperiencia con funcionarios é máis ben boa. Hai interese en cambiar, cando saben as boas razóns que a evolución a Sóftware Libre lles pode traer, mais é difícil se non hai interese das instancias superiores. E hai ignorancia sobre o tema, pois ninguén lles forma/explica o que hai. Unha minoría pode ser reticente, pero a maioría cambian felizmente, se teñen soporte detrás. Créeme, eles non son o problema, o problema son os dirixentes, as altas cúpulas.

Os funcionarios responden á paga mensual sen problemas. Só fai falla invertir os cartos das licenzas en cursos de formación para eles e un pequeno plus polo uso de ferramentas de SL igual ou maior calidade e que traen aforro de custes.

Xa mirarías como ían rular os openoffice polas administracións e aínda se aforrarían cartos... ¿Por que se prima logo o uso de software privativo dende a administración? ¿Mal asesoramento? Se só chega con imitar o que fai a empresa privada...