Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Falando Con Antonio Sánchez León (co desenvolvedor de GALPon MiniNo) sobre as vantaxes da nosa distro.

Pregunta.- Máis aló do anterior, a verdadeira cuestión é: É mellor en canto a rendemento nun computador moderno como este (+ ou -) unha distro común (Ubuntu...) a MiniNo; ou pola contra dá igual?

Resposta.- Eu teño a MiniNo como distro da diario nun portátil cun AMD turion de 2.0Ghz  simplemente porque gústame a velocidade á que se abre todo, sen parvadas e sen efectos 3D. Sinxelamente, 5 segundos para abrir un mp3 en Totem excede a paciencia humana (que actualmente está en 4 segundos ) para un ordenador con estas características.

Ademais, hai unha chea de cousas que fago en MiniNo, por exemplo administrando ficheiros, e que me dá unha coraxe tremenda non poder facer o mesmo en Ubuntu ou polo menos non coa mesma facilidade. Por exemplo, quero copiar un documento ao meu cartafol persoal, o lóxico é que collas o documento e o arrastres á casiña tan guapa que tes na barra de ferramentas. Pois iso tan simple non funciona en Ubuntu. Ou mesmo se queres copialo no nivel superior Por que non podes arrastrar o ficheiro ao botón da frecha de subir o nivel de directorios? Non é o lóxico nun sistema no que todo se arrastra e se solta? Outro detalle que me namora de Rox. Cando algún ficheiro ou directorio foi modificado ou copiado recentemente, pon o seu texto en negriña para que dunha ollada póidalo ver.

Se publica el programa y se abre el registro de la VII GUADEC-ES en A Coruña, 22-23 de Julio

Ya están disponibles el programa [1] y la inscripción [2] de la VII GUADEC Hispana que se celebrará en la Facultad de Informática de A Coruña del 22 al 23 de Julio de 2010.

La organización de la VII Guadec Hispana se complace en anunciar el programa [1] de charlas, talleres, mesas redondas y actividades para los dos días de congreso. Este año contaremos con ponentes de España, Chile, Perú y Portugal.

Si quereis conocer las últimas novedades del proyecto GNOME, teneis una cita obligada en la Facultad de Informática de la Universidade da Coruña.

La inscripción está ya disponible a través de la aplicación de registro [2], y estará abierta hasta el 18 de julio, así que date prisa si quieres acudir, ya que las plazas son limitadas.

A alternativa libre a rede social Facebook

Como todos saberedes (e quen non vaino saber agora), as redes sociais están resultando un pouco unha revolución. O uso de sitios web deste tipo, xa sexa Facebook, Tuenti, Twitter, MySpace, etc. (desculpade, non as uso e só coñezo as máis relevantes) é masivo. Pero o problema é o de sempre: estes sitios non traballan con tecnoloxí­as libres (se ben é certo que os de Facebook fan algunha contribución puntual á comunidade). Porén, existen tecnoloxí­as libres para solucionar este problema.

Publicada a versión candidata (RC) de GALPon MiniNo Alguadaira

Xa temos dispoñible a versión candidada (RC) da nosa distro GALPon Minino Alguadaira (1.2). Ao xa comentado cando anunciamos a publicación da beta, engadimos algunhas melloras e/ou funcionalidades.

A imaxe .iso agora é unha imaxe hí­brida, o que permite facer un USB Vivo (live) directamente, exactamente igual que se fose unha imaxe .img

Especial coidado nas instalacións especiais ou problemáticas. Agora MiniNo incorpora varias opcións de arranque para casos de hardware gráfico problemático:

Cinestable I Festival de curtas Creative Commons

O próximo día 5 de Agosto de 2010 celebraráse no auditorio da Casa da Cultura Ordes a primeira edición do "Festival de Curtametraxes Libres Cinestable".

O festival quérelle render homenaxe á liberdade que brindan a licenzas libres Creative Commons concovando un concurso de curtas ao que están convidados a participar amateurs e profesionais de todo o país. Celebrarao tamén cunha proxección das mellores cintas libres a nivel mundial. Con este evento preténdese fomentar o uso destas licenzas, que teñen a maravillosa propiedade de potenciar a creatividade dos autores e aumentar a difusión das obras noveles.

VII GUADEC-ES A Coruña 2010 - CALL FOR PAPERS (Límite 14 Junio 2010)

Las asociaciones Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) y GNOME Hispano promueven la organización de la "VII Guadec- Hispana", que tendrá lugar en A Coruña los días jueves 22 y viernes 23 de Julio de 2010. Previa a la celebración de GUADEC en La Haya.

URL del Evento: http://2010.guadec.es

REQUISITOS DE PRESENTACIÓN.

Idioma: Las contribuciones podrán realizarse en Español, Inglés o Portugués, aunque la lengua de la conferencia será el Español.

Formato: Las contribuciones pueden ser de tres tipos:

      * Artículos
      * Tutoriales o talleres
      * Mesas de discusión

AREAS DE INTERÉS.

Xornada sobre SwL para profesionais e empresas TIC

Logo TEGNIXO día 6 de maio, en horario de 16:30 a 20:00 horas, terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar, unha xornada de achegamento ao SwL para profesionais e empresas TIC.

Terceiro curso para directivas de ANPA da provincia de Pontevedra organizado pola FANPA

En colaboración con FANPA PONTEVEDRA continuamos co plan de formación para as ANPA no curso 2009/10, neste caso coa  colaboración das ANPA de Vilagarcía organízase un curso de software libre e estándares abertos para o vindeiro 29 de maio de 2010 no Centro Sociocultural San Roque (grupo San Roque, ao pé da rotonda das Carolinas).

O curso será impartido por GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) da man de Miguel Bouzada e terá unha duración de 8 horas, distribuídas de 10:00 a 14:00 hrs e de 16:00 a 20:00 hrs.

O curso está limitadoa un grupo  de 10 persoas, por orde rigoroso de inscrición, poden anotarse por correo-e ou por teléfono, pero adquiren o compromiso de asistir ou anular a súa asistencia con antelación suficiente para poder cubrir a praza.

Sesión de mañá cos seguintes contidos:

  • Procesador de texto+folla de cálculo+elaboración de presentacións= 5 horas

Sesión de tarde:

  • Elaboración de presentacións +xestión de correo e mensaxería instantánea= 3 horas

O temario está dispoñible aquí

Nova versión «Beta» de GALPon MiniNo

Tras moitas horas de traballo en equipo (e as que nos quedan) volvemos ter unha distribución decente para ordenadores con poucos recursos, cun novo «look» renovado, moitisimas melloras, e utilidades que agardamos que vos gusten:

  • Escritorio dobre, baseado en ROX-Filer (principal) e PCManfm. Con cambio ao voo.
  • Lxp-icewm con interesantes características extras con respecto a IceWM: miniaplicativos para controlar o volume, a enerxía da batería, a localización do teclado, selector de escritorios, aparencia máis coidada, etc.
  • Os menús agora actualízanse automaticamente ao instalar programas.
  • Temas de xanelas de deseño propio, inspirados no tema «Clearlook». moi frescos e actuais.
Distribuir contido