Software Libre en Galiza

Friend Connect, novo servizo social de Google

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Mar, 13/05/2008 - 10:15

Un novo servizo de Google, desta vez nomeado Friend Connect [1], vén de ser anunciado [2] onte incluíndo unha ampla información [3] sobre el.

A iniciativa trata de engadir funcionalidades sociais a sitios webs, blogs incluídos, sen teres que programar posto que emprega aplicacións de terceiras partes (widgets) coas API [4]s de OpenSocial . Un sitio de exemplo pode ser este [5].
"O que Google está esencialemente facendo e aproveitarse dos novos estándares arredor das funcionalidades sociais. Estes estándares están especialmente referidos á identidade (OpenID), dereito de acceso a datos (OAuth) e aplicacións sociais (OpenSocial)."
Blogaliza.org [6] xa está a engadir estes novos widgets e funcionalidades enriba descritos.

Fonte [7].

asennadas [8]

[1] http://www.google.com/friendconnect/
[2] http://www.google.com/intl/en/press/annc/20080512_friend_connect.html
[3] http://www.google.com/friendconnect/home/moreinfo
[4] http://gl.wikipedia.org/wiki/API
[5] http://www.mylatestpiece.com/
[6] http://blogaliza.org/
[7] http://www.informationweek.com/news/internet/social_network/showArticle....
[8] http://brenlla.blogaliza.org/

Workshops en Software Libre para maio, xuño e xullo organizados por Audiência Zero

Desde Audiência Zero (http://www.audienciazero.org/) nos informan da presentación do programa de workshops que van desenvolver durante os meses de maio, xuño e xullo deste ano. En concreto trátase de workshops en Software Libre que se ocuparán de ensinarnos a usar ferramentas como Gimp (http://www.gimp.org/), Blender (http://www.blender.org/), Inkscape (http://www.inkscape.org/), Ardour (http://ardour.org/) e Processing entre outros. Ademais tamén contan cunha experiencia en e-learning con un workshop de Joomla. O cartel do evento é o que se presenta a continuación premendo en Ler máis ...

Joomla! 1.5.2 traducido 100% ao galego na web de CiberIrmandade da Fala

Dende CiberIrmandade veñen de informarnos de que xa se pode descargar o paquete coa tradución ao galego da parte administrativa (panel de control) de Joomla! 1.5.2. Esta tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de ciberirmandade.org (http://www.ciberirmandade.org/traduCIF/main.php). Todo o traballo do voluntariado foi coordinado por Daniel Muñiz de Trasno. Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente traducido ao galego.Páxina de descargas de tradución de Joomla! ao galego de CiberIrmandade:Descargas lingua galega Joomla! (http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_docman/task,cat_view/gid,88/Itemid,101/)

Gobuntu Hardy Heron?

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Mar, 13/05/2008 - 02:54

Coa versión 7.10 de Ubuntu (Gutsy Gibbon), publicada en Outubro do pasado ano, viu a luz unha versión 100% libre de Ubuntu: Gobuntu. Mais desta nova versión 8.04 (Hardy Heron), publicada a finais do pasado mes de Abril, non temos a correspondente Gobuntu. Que pasou con Gobuntu?

Pois semella que os usuarios interesados en este tipo de distribucións 100% adherentes aos principios da Fundación para o Software Libre (FSF) non lles preocupa demasiado a vantaxe dunha distribución que publica unha versión cada 6 meses, e sí cuestións como que habilitar repositorios restrinxidos (non libres) en Gobuntu era cuestión dun clic en Synaptic, ou que incluír extensións privativas no Firefox fose tamén máis doado do que a RMS e compañía lles gostaría.

Polo que parece, os desenvolvedores de Gobuntu, entre os cales está o líder de Ubuntu, Mark Shuttleworth, están a considerar centrar as súas forzas e enerxías no desenvolvemento de GNewSense, distro auspiciada pola FSF, que ten un ciclo de desenvolvemento máis longo (a versión 1.0 estaba baseada en Ubuntu 6.06 Dapper Drake, e a 2.0 está baseada na actual 8.04, ámbalas dúas LTS). GNewSense usa os seus repositorios particulares, e moitos paquetes, como o Firefox e o mesmo kernel, difiren substancialmente dos de Ubuntu. De feito, o kernel non ten algúns fragmentos de código binario que é habitual das distribucións GNU/Linux máis extendidas.

Para quen queira afondar sobre o estado da cuestión, lle interesará botarlle un ollo a este moi clarificador artigo (en inglés).

Se queremos instalar o que sería Gobuntu (Ubuntu 100% libre) versión 8.04 (Hardy Heron), aínda o podemos facer:

Inserimos o CD de Ubuntu 8.04

Eliximos idioma

Presionamos F6 dúas veces. Aparecerá un pequeno menú despregable con 5 opcións, a última das cales di "Só Software Libre".

E así, seleccionando esa opción coas frechas do teclado, aseguraremos que todo o que se vai instalar é Sóftware Libre 100%!

Logo podemos comprobalo facendo uso do programiña vrms, do cal xa falamos hai un tempo, e que podemos instalar doadamente do repositorio universe.

II Edición do Barcamp de Movilidade

Start: 27/05/2008 - 10:00 End: 27/05/2008 - 20:00

O segundo Barcamp de Movilidade será de novo unha xornada pra poder compartir opinións e experiencias sobre o mundo móvil e a Web 2.0.

En Madrid o día 27 de maio levarase a cabo o II Barcamp de Movilidade onde se tratará a evolución nos terminais, os desenrrolos mediante APIs abertas e redes sociais.

ler máis

Biometria: Reconhecimento Facial Livre!

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 20:15

Alessandro de Oliveira Faria, Cabelo,  manda este artigo para AGNIX [1]:

O reconhecimento facial é um dos processos de identificação mais utilizados pelos seres humanos, pois permite identificar rapidamente qualquer pessoa e assim definir o tipo apropriado de interação com ela. Além de identificar, podemos perceber o estado emocional de uma pessoa apenas observando sua expressão facial.

Embora o reconhecimento facial seja uma tarefa simples para o ser humano, é extremamente complexo implementar esse processo em uma máquina, pois não sabemos, ao certo, como o cérebro humano realiza essa tarefa. O cérebro humano pode identificar corretamente uma pessoa a partir de sua imagem facial mesmo sobre as mais diversas condições, como variações de iluminação, observando apenas uma de suas características ou partes, e até mesmo com distorções ou deformações.

Artigo completo [2].
[gv data="290gheXIszc"][/gv]

[1] http://agnix.org/
[2] http://www.vivaolinux.com.br/artigos/verArtigo.php?codigo=8209

AGNIX dará un relatorio de SwL no IES San Rosendo de Mondoñedo

Visto na páxina de AGNIX (http://www.agnix.org/?q=node/1555): O vindeiro xoves día 15 dentro das iniciativas de actividades promovidas pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, AGNIX desenvolverá un relatorio en Mondoñedo, co que se tentará achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato o significado de Software Libre así como a importancia do seu emprego xeneralizado, xunto cas posibilidades que pon ao alcance de tod@s para a aparición e fomento da lingua nas novas ferramentas tecnolóxicas .

Skype conectado ao Pidgin

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 14:15

Grazas ao apuntamento que me deu Calidonia [1] souben deste plugin para mellorar a opeartividade do programa de VoIP privativo máis extendido, o Skype, xunto ao Pidgin. Trátase do Skype4Pidgin [2].

O plugin en si ten licenza GPL e aínda que conecte Sw Privativo [3] con Sw Libre é algo expresamente admitido pola FSF [4].

Desta vez deixo a evidencia do meu parecer a criterio de cada quen tan só relembrando o acontecido poucos dias atrás coa nova titulada "GPL vence a Skype [5]".

asennadas [6]

[1] http://calidonia.blogaliza.org/
[2] http://myjobspace.co.nz/images/pidgin/
[3] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/09/propietario-ou-privativo/
[4] http://myjobspace.co.nz/images/pidgin/FSF%20Email.txt
[5] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/09/gpl-vence-a-skype/
[6] http://brenlla.blogaliza.org

GNU/Linux é o S.O. embebido máis empregado

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 12:15

De acordo cun estudo [1] da empresa de investigacións de mercado americana Venture Development Corporation [2] (VDC), o GNU/Linux é o sistema operativo máis empregado en sistemas embebidos na industria. Así, o 18% dos enxeñeiros na área de dispositivos embebidos que tomaron parte da investigación utilizan un firmware [3] Linux nos seus equipamentos. Outro 5% adoptan outros sistemas embebidos de código aberto, tales como o sistema operativo con resposta en tempo-real FreeRTOS [4], TinyOS [5] ou ecos [6].Como principais motivos para a utilización de GNU/Linux como sistema embebido foron citados, entre outros:

Dispoñiibilidade de ferramentas de desenvolvementos gratuítas e de calidade;
Aforro no pagamento de licenzas ou royalties por equipamento producido;
Flexibilidade do sistema operativo, especialmente polo feito de que o seu código fonte está dispoñible;
Familiaridade dos desenvolvedores co sistema, que xa o utilizan para desenvolvemento en servidores e escritorios.

Fornecedores de ferramentas de desenvolvemento comerciais, como é o caso da Montavista [7] e da Wind River [8], terían que esforzarse máis no futuro, para ofrecer un diferencial competitivo e destacarse entre as ferramentas de código aberto, que xa alcanzaron un excelente grao de sofisticación. Ademais diso, hai gran demanda por sistemas modulares de desenvolvemento integrados, compostos de hardware, software e ferramentas de desenvolvemento. Esa sería unha área na que os fornecedores de sistemas de desenvolvemento comercias poderían diferenciarse da competencia "libre".

A fonte [9] non sinala que para ollares o estudo ese hai que 'pagar' (ou iso creo eu).

asennadas [10]
 

[1] http://www.vdc-corp.com/PurchasedDownloadFile.asp?type=whitepaper&id=228...
[2] http://www.vdc-corp.com/
[3] http://gl.wikipedia.org/wiki/Firmware
[4] http://freertos.org/
[5] http://www.tinyos.net/
[6] http://ecos.sourceware.org/
[7] http://mvista.com/
[8] http://windriver.com/
[9] http://www.linuxnewmedia.com.br/lm/noticia/linux_e_o_sistema_operacional...
[10] http://brenlla.blogaliza.org/

Guia de Criptografía en PHP

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 10:30

Lendo a web de Kriptopolis atopeime con esta nova… Guia de criptografía en PHP

Blogaliza no Porriño

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 10:02

O Concello do Porriño, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información organizan en colaboración con AGNIX e Blogaliza unha charla obradoiro "Blogues Móbiles" o sábado 17 de maio.

O obxectivo da actividade é dar a coñecer á cidadanía o mundo do blogomillo na nosa lingua. Pedro Silva, creador e responsable de blogaliza, entre tantas outras cousas! Ademais de cuestións básicas na creación e administración de blogues, Pedro amosará o emprego dunha nova ferramenta coa que conta blogaliza que permítenos, dende o móbil, subir novas que inclúan imaxes e texto ao noso blogue.

A charla obradoiro desenvolverase no Centro Neural de Torneiros e, para asistir é preciso inscribirse. @s interesad@s poden facelo dirixíndose a Miguel Visconti dinamizador da Rede no Porriño, no enderezo miguel.oporrino[at]dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou no propio Centro Neural sito en Torneiros.

Blogaliza.org

Rede de Dinamización

AGNIX no IES San Rosendo de Mondoñedo

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 09:41

O vindeiro xoves día 15 dentro das iniciativas de actividades promovidas pola Rede de Dinamización da Socieadade da Información, AGNIX desenvolverá un relatorio en Mondoñedo.

Co que se tentará achegar ao alumnado de 4 de ESO e 1º de bacharelato o significado do Software Libre así como a importancia do seu emprego xeralizado, xunto con as posibilidades que pon ao alcance de tod@s para a aparición e fomento da lingua nas novas ferramentas tecnolóxicas.

Xestión de Parques Informáticos en galego con GLPI

AMP (http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_AMP_Packages)).

DBAN, borrado completo de discos duros

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Lun, 12/05/2008 - 06:15

Para que precisas borrar completamente discos duros? Pódense pór varios exemplos. No meu caso é pola cesión do meu portátil a outra persoa con suficientes coñecementos técnicos como para atopar datos teoricamente eliminados. Outro exemplo ben sinxelo pode ser a venda do teu equipo a unha persoa descoñecida.

Borrar datos cun sinxelo 'rm [1]'  ou até formatar de novo o un disco duro non abonda para teres a certeza de que os datos no disco non sexan recuperables empregando ferramentas especializadas como 'foremost [2]'.

Seguindo os consellos de Carlos Rodríguez, hei empregar a ferramenta Darik's Boot and Nuke, máis coñecido como DBAN [3] que vén sendo empregada no proxecto GRUVI [4] (Grupo de Reciclaxe Informática da UVigo).

DBAN é SwL protexido [5] pola licenza GPL [6] a xeito de disco de arranque (disquete ou cdrom) de doado manexo porque só tes que arrancar desde cero o teu equipo empregando ese disco, do mesmo xeito que farías para instalares un sistema operativo, por exemplo. Polo tanto é moi probable que teñas que trocar a prioridade do dispositivo de arranque na BIOS [7]. Tes máis información en README.txt [8].

DBAN elimina automaticamente os datos contidos en discos SCSI, IDE, PATA e SATA, destruíndo sistemas de ficheiros FAT, VFAT, NTFS, ReiserFS, EXT e UFS con garantías e baixo diferentes métodos de borrado.

asennadas [9]

[1] http://unixhelp.ed.ac.uk/CGI/man-cgi?rm
[2] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/05/atopar-arquivos-procurando-polo-...
[3] http://dban.sourceforge.net/
[4] http://webs.uvigo.es/gruvi/
[5] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/09/propietario-ou-privativo/
[6] http://www.gnu.org/licenses/gpl.html
[7] http://gl.wikipedia.org/wiki/BIOS
[8] http://dban.sourceforge.net/download/readme.txt
[9] http://brenlla.blogaliza.org/

Mancomún apoiará o traballo da comunidade tradutora fornecendo infraestruturas e servizos

Mancomún promoverá a localización de Software Libre ao galego involucrando ás empresas de localización de xeito consensuado co voluntariado. Búscase deste modo evitar unha excesiva centralización que puidera comprometer a continuidade dos proxectos de localización a meio e longo prazo. Esta foi unha das conclusión extraídas da posta en común que tivo lugar durante o encontro “LISA (http://www.lisa.org/) e tamén encamiñar esforzos de cara a consensuar unha guía de estilo para a tradución de software ao galego.

UTF-8 domina a web

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Sáb, 10/05/2008 - 04:15

Decembro de 2007 foi o primeiro mes da historia, segundo sinala Google [1], en que o UTF-8 [2] foi identificado como a codificación de carácteres [3] (character encoding) máis utilizado na web, ultrapasando o US-ASCII e Latin-1/Windows-1252 (o famoso ISO8859-1), os máis populares ata ese intre.
[4]
UTF-8 é a codificación de carácteres [3] que vén instalada por defecto na maioría das distros GNU/Linux actuais, pertencente á familia de carácteres Unicode [6]. Porén, se cadra procurando manter a compatibilidade coa maioría, moita xente adoita trocalo polo da ISO, por exemplo, para ler correos-e.

Agora xa non tes excusa, usa o estándar UTF-8, canto antes mellor! Se ademais desenvolves SwL, sitios web... por favor, faino axiña. Confío que con a clara aposta polo emprego deste estándar, moitos dos persistentes atrancos na codificación de carácteres [7] desapareza o máis rapidamente posible.

Nova atopada en Br-Linux [8] apuntando cara esta fonte [9] que tamén fornece un excelente artigo titulado Charsets e encodings [10].

asennadas [11]

Nota: O título da imaxe de Google debería correxirse polo de "Crecemento do UTF-8 na web".

[1] http://googleblog.blogspot.com/2008/05/moving-to-unicode-51.html
[2] http://es.wikipedia.org/wiki/UTF-8
[3] http://gl.wikipedia.org/wiki/Codificaci%C3%B3n_de_caracteres
[4] http://brenlla.blogaliza.org/files/2008/05/unicode2.gif
[5] http://gl.wikipedia.org/wiki/Codificaci%C3%B3n_de_caracteres
[6] http://gl.wikipedia.org/wiki/Unicode
[7] http://brenlla.blogaliza.org/2008/04/17/atrancos-na-codifcacion-de-carat...
[8] http://br-linux.org/2008/utf-8-e-o-encoding-mais-utilizado-no-mundo-na-w...
[9] http://revolucao.etc.br/archives/utf-8-e-o-encoding-mais-utilizado-no-mu...
[10] http://revolucao.etc.br/archives/charsets-e-encodings/
[11] http://brenlla.blogaliza.org/

GPL vence a Skype

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Ven, 09/05/2008 - 20:15

Segundo sinala o titular da fonte desta nova [1], "The GPL wins in Germany - again" (A GPL gaña en Alemaña - de novo), referente ao caso Skype vs. GPL-Violations levado adiante por Harald Welte. O anuncio [2] de Welte aclara o resultado final, comentando o moito que custou sacala adiante.

Curiosamente hoxe mesmo escribín un artigo titulado "Propietario ou Privativo? [3]" advertindo de violacións da GPL por confundiren SwL con que "podo facer todo o que queira con el". Si, certo, sempre que respectes os termos da súa licenza, especialemente referidos á continuidade da mesma, a dispoñibilidade pública do código fonte e mailo recoñecemento á súa autoría.

Procurando máis na web, atopei esta entrada en Br-Linux [4] con detalles retrospectivos aclaradores:

Lembra do caso que tramitava na justiça alemã em que desenvolvedores do Linux (representados por Harald Welte, do gpl-violations.org) questionavam a Skype Technologies pela distribuição de um telefone IP com Linux sem a disponibilização do código fonte dos softwares livres envolvidos?
(...)
Os magistrados convenceram os advogados da Skype que eles estavam em um mato sem cachorro, e que ainda que eles provassem que a licença não valia - algo que eles não fizeram, nos autos - aí eles não teriam qualquer outra licença que lhes permitisse distribuir os softwares que vêm distribuindo há anos.

Skype tentou unha nova estratexia, a diferencia do que no seu dia fixera SCO. Quería probar perante os tribunais que a GPL infrinxía a lexislación alemá, especificamente ás leis anti-trust.

Significativo é o parágrafo sobre este mesmo tema en Groklaw [5]: "A quen non lle guste a licenza, non ten que empregala, tan só escribe o teu propio código. Pero se queres usar código GPL, a licenza vai con el. É un acordo de conxunto. Grazas".

Unha vez máis, queda claro o poder do SwL, mesmo no eido legal.

asennadas [6]

[1] http://lwn.net/Articles/281494/
[2] http://laforge.gnumonks.org/weblog/2008/05/08/
[3] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/09/propietario-ou-privativo/
[4] http://br-linux.org/2008/tribunal-sustenta-mais-uma-vez-a-gpl-skype-tech...
[5] http://www.groklaw.net/article.php?story=20080508212535665
[6] http://brenlla.blogaliza.org/

Micro$oft camiña cara a suspensión de pagamentos?

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Ven, 09/05/2008 - 12:47

Pois segundo semella a coisa non anda nada ben. Por unha banda declarou un potencial de débeda de 4,1 millóns de dolares ao SEC, por outra a UE aínda non veu o primeiro céntimo de euro do total de cerca de 1.700 millóns de euros de sancións, algunhas delas xerando xuros dun par de millóns de euros diarios.

Unicamente dúas divisións xeran lucro, (M$ Windows e M$ Office), de está última derívase o interese da transnacional na aprobación do seu formato OOXML, xa que de non consequir un estándar recoñecido, e á vista das lexilacións que se están desenvolvendo, podería ficar fora por exclusión directa e imposibilidade de contratar coa administración pública, a europarlamentaria alemana Heidi Rühle, xa suxiriu está posibilidde e é unha opinión que vai gañando adeptos. Alen diso, a propia UE está a avaliar a posibilidde de abrir investigacións sobre os feitos que aconteceron nese procedemento de aprobación na ISO, e que por exemplo, xa está nos tribunais británicos.

A outra división que xera beneficios, a do sistema, ven de cubrirse de gloria co Vi$ta, que despois de varios anos de desenvolvemento e pouco máis de un no mercado, e perderun 24 %, semella que o Vi$ta xa non é de confianza da propia empresa e xa traballan hai tempo nunha nova versión o "Windows 7", que nun principio foi anunciado para o 2010, e que o prexubilado Gates pretende adiantar para 2009.

Hai quen pensa mesmo que as razóns publicadas para xustificar a retirada da oferta de compra sobre Yahoo son só unha treta, que esconde una realidade dun momento económico difícil para a transnacional.

A ver si ao final a súa solución vai ser a mesma á que forzaron no seu momento ao navegador Netscape con tan bos resultados,
liberar o código!! Quizais aínda non o teñan feito pola vergoña de amosar semellante lixo.

Fonte principal:

http://blog.softwarelivre.sapo.pt/"

outras fontes:

http://blog.seattlepi.nwsource.com/microsoft/archives/138129.asp"
http://www.microsoft-watch.com/content/corporate/microsoft_q3_2008_by_th...
http://ultimahora.publico.clix.pt/noticia.aspx?id=1327651

http://es.wikipedia.org/wiki/Windows_7

http://www.abadiadigital.com/noticia2988.html

Propietario ou Privativo?

AGNIX - Asociación de Usuarios GNIX - Ven, 09/05/2008 - 12:15

Un dos erros máis estendidos á hora de diferenciar o Sw entre Libre (aínda que xuntemos eiquí ao de Código Aberto non 100% libre) e os demais é nomear a estes últimos como Sw Propietario.

Entón, que quere dicir isto? É que o SwL NON ten propietarios? Ah, si teñen propietarios, houbo alguén que o fixo e o segue a facer. Se é así, daquela son os dous Propietarios? Os dous recoñecen o Dereito de Autor. Que hai de errado nisto? Realmente o único errado é xustamente o sentido que lle pretende dar o seu uso habitual pola sociedade.

Se un olla na entrada da Wikipedia o termo "Dereito de Autor" (está en castelán [1]) compróbase que restrinxe o Dereito de Autor ao ámbito do coñecido Copyright, tanto así que a propia ligazón inclúe ese termo. Porén ao final da entrada dase unha ligazón a algo máis adecuado cuxo título é "Right o Left? [2]" de Rebelion.org.

Segundo sinala Víctor Salgado (Pintos & Salgado [3]), con quen compartín uns minutos onte, "a licenza libre GPL é a auténtica esencia do Dereito de Autor" posto que amosa ás claras a potestade que ten o propietario da obra, neste caso Sw, de elixir o que si ou non se pode facer con ela.

Adoro o nome Privativo [4] acuñado (ou alomenos divulgado) por Richard. M. Stallman [5]! É, baixo o meu punto de vista e con algunha obxección [6], o máis adecuado para aclarar o que hai detrás dos distintos Sw amparados polo Dereito de Autor: uns privan de dereitos e outros outorgan dereitos. Daquela un é Privativo e outro é Libre, mais os dous son Propietarios. Velaquí a diferencia!

Esforcémonos en chamar ás cousas polo seu nome correcto, o mesmo que xa facemos con hacker [7] e cracker [8], expliquémolo á xente. É tan importante isto que gran parte desa mesma sociedade cre que o libre NON ten propiedade e, por tanto, pode facer con el o que queira!

Ollo señorías TIC que aínda non comprededes o que é SwL en toda a súa extensión, tede moito coidado con violar o Dereito de Autor das licenzas libres. Non vaia ser que vos denunciemos en GPL-Violations [9] ou poñades en perigo o voso negocio enteiro, como pode acontecer no caso McAfee [10], por empregar códigos abertos e libres no seu Sw comercial.

asennadas [11]

[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Copyright
[2] http://www.rebelion.org/noticia.php?id=16983
[3] http://www.pintos-salgado.com/
[4] http://es.wikipedia.org/wiki/Software_no_libre#Software_privativo
[5] http://gl.wikipedia.org/wiki/Richard_Stallman
[6] http://es.wikipedia.org/wiki/Software_no_libre#Objeciones_al_t.C3.A9rmin...
[7] http://gl.wikipedia.org/wiki/Hacker
[8] http://gl.wikipedia.org/wiki/Cracker
[9] http://gpl-violations.org/
[10] http://www.agnix.org/?q=node/33960
[11] http://brenlla.blogaliza.org/

Mancomún consolídase como axente catalizador de Swl en Galiza e en Europa

Mañá sábado comezan en Santiago as xornadas G11n: eu traduzo o teu software , que reunirán aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galegoMancomun.org, a iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria para a difusión do Software Libre (SwL) e dos estándares abertos, celebra o seu segundo aniversario superando con creces os logros acadados no seu primeiro ano de existencia. Coincidindo con esta data sinalada, Mancomun.org reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego no evento “G11n: eu traduzo o teu software” co propósito de xuntar esforzos e consensuar melloras no proceso. O proxecto da Consellaría, promovido a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, viu modificado este ano os seus ámbitos de actuación, cun incremento dos mesmos a raíz da conversión a principios deste ano no novo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. Este centro terá como misión fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do SwL co propósito de fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza. A súa actividade, segundo esta idea, orientaranse en sete liñas: tradución de software, dinamización das tecnoloxías abertas en contornos empresariais e universitarios, implantación de software libre, apoio á formación, difusión e actuacións de soporte técnico. Con estes obxectivos de fondo, Mancomun.org conseguiu neste segundo ano de existencia duplicar a presenza do software libre no ámbito da PEME e triplicala no sector educativo, constatándose ademais un incremento no ámbito doméstico. Este incremento púxose de manifesto coa publicación no mes de abril dos informes sectoriais comparativos do uso do Software Libre en Galiza.
Distribuir contido