O segundo Barcamp de Movilidade será de novo unha xornada pra poder compartir opinións e experiencias sobre o mundo móvil e a Web 2.0.
En Madrid o día 27 de maio levarase a cabo o II Barcamp de Movilidade onde se tratará a evolución nos terminais, os desenrrolos mediante APIs abertas e redes sociais.
Adxunto ficheiro .pdf no cal está un manual sinxelo pra configuralo subversion pra usar vía HTTPS sen usuarios reais no sistema e coa posibilidade de ter diferentes permisos segundo o usuario que sexa, pra un mismo proxecto.
Prerrrequisitos:
-Ter Apache correndo con HTTPS configurado
A instalación foi feita sobre unha Ubuntu Dapper TLS
Espero que vos sexa de axuda
Das ideas xurdidas na ponencia que o GLUG e Trasno deron na XGN de este ano xurdiu a obligación da creación nun evento colaborativo onde o panorama da traducción de aplicacións ceibes ó galego se reunira e aunara forzas.
Con ocasión do segundo aniversario de Mancomún, a Iniciativa Galega a prol do Software Libre da Consellaría de Innovación e Industria, convidannos a participar na xornada de portas abertas do evento G11n: eu traduzo o teu software. Este evento contará coa presenza de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e congregará aos membros máis activos da comunidade de tradución de software libre ao galego en torno a unha posta en común sobre as ferramentas e metodoloxías de localización de software libre ao galego.
A sesión pública do evento terá lugar o próximo sábado 10 de maio na Sala Gran Forum “Capela” do Hotel AC Palacio do Carmen (Santiago de Compostela) e dará comezo ás 09:30 horas. Debido a que contan con aforo limitado, requírese confirmación da asistencia.
Tedes máis información na wiki de Mancomun para o evento: wiki.mancomun.org/index.php/G11n
Este fin de semán celebraráse o GNU/Linux HACKMEETING Ferrol, unhas xornadas de soft ceibe moi interesantes levadas a cabo pola Unión libertaria no Ateneo Ferrolán. O programa das mesmas distribúese nos dous días:
Sábado 26
11:00 - Presentación das xornadas e Mini Palestra: ¿Qué é o software libre?
11:15 - Experiencias e experimentos con Linux
12:00 - InstallParty de GNU/LInux
16:30 - Edición gráfica en Linux : Gimp - inkscape - Scribus
19:00 - Streaming de audio en GNU/Linux
Domingo 27
11:30 - LTSP: Reciclaxe de ordenadores como terminais Lixeiras en GNU/Linux
12:30 - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo...
16:30 - Edición de vídeo con Cinelerra
Para máis información ollade a páxina de www.unionlibertaria.org
Vou con iste mini manual a comezar unha serie duns cantos nos que irei explicando coma instalar ferramentas que nos permitan monitorizar a nosa rede dende un único posto (ver se os equipos están apagados ou encendidos, o seu espacio de disco, uso da súa rede, carga de traballo etc etc...).
Usaráse ubuntu neste caso concreto.
Neste pequeno artigo falarei de 2 cousas das que acaba de ver esta semán:
-Acceso mediante sftp sen ter login co ssh ou na máquina real (explicamos máis abaixo coma facelo)
-Nova versión do ssh (a 4.8p1) a cal incorpora unha nova característica que é o ChrootDirectory. Pra ler máis sobre isto podemos mirar o seguinte enlace.
Dunha forma moi sinxela vou explicar coma crear un paquete .deb a partires dun .tar.gz. Existen varios métodos, pero eu usarei checkinstall que considero que é o máis sinxelo de todos.
Pensemos que temos un servidor apache (versión 2) correndo e que temos xa habilitado o módulo rewrite (a2enmod rewrite). Temos xa creados os certificados pertinentes pra que o apache funcione baixo https (non é a finalidade deste mini-howto ensinar coma crealos certificados) e a nosa máquina responde tanto as peticións baixo http (non seguro polo porto 80) e https (seguro polo porto 443).
Os bos de IBM vólvennos agasallar cunha serie de manuais pra preparar os Topics do exame primeiro do LPIC-3 (LPIC-117-301). Podedes atopalos manuais eiquí.
Non fai moito me visitou un compañeiro e me comentou que andaba argavelando con Processing, que non é mais que unha linguaxe e contorna de programación de fonte aberta para xente que quere programar imaxes animacións, e interaccións.
O máis incrible son a calidade das imaxes e o especial coidado que ten ó misturar e interaccionar as animacións e o son. E para mostra este señoriño que publicou os seus traballos en vimeo.com
Votade unha ollada ó video (recomendo pantalla completa e acender os altoparlantes) aínda que recomendo velo na web orixinal xa que está en HD. Processing podese descarregar en versións para GNU/Linux (e as demáis plataformas) e como dixen é open source
Non son incríbles as gráficas? Que opinades?
En breve celebraráse o seguinte evento en Ourense organizado por OUSLI o cal se nos pide que se lle dé difusión:
Despois de todo o xogo sucio que fixo M$ por fin consigueu o que quería, aprobar o seu formato ofimático como un estándar iso no día de hoxe. O problema non é xa que este formato teña todo tipo de carencias imaxinables que non se permitirían en situacións normais.
Vía Barrapunto.com entérome que Adobe anunciou hoxe que se une á Linux Foundation e que lanzou Adobe AIR e Flex Builder 3 para Linux baixo a EULA privativa.
Polo de agora só é unha versión pre-alfa moi inestable, pero como ben dín en Barrapunto podería ser un cambio na mentalidade de Adobe para con sistemas GNU/Linux.
Porén existe con isto moita controversia con esta nova sobre todo cando a mesma Adobe aínda non liberou unha versión nativa para procesadores de 64 bits, o que sen dúbida o "usuario medio" de GNU/Linux precisa hoxe en día pra navegar pola rede.
Aquí tedes as ligazóns:
Porque todo non é software de cando en vez tamén saen cousas moi interesantes licenciadas con algunha licenza ceibe. Polo que hoxe aledoume moito saber que os rapaces que fixeron xa Elephant dreams, atacan de novo esta vez cunha curtametraxe que promete arrancarnos algunha que outra sonrisiña da faciana. Dicir que a curta vai estár licenciada como Creative Commons 2.0 e está feita con software ceibe: Inkscape, Blender, entre outros. Votade unha ollada ó trailer:
Nesta web publícanse cousas, entre elas novas, eventos, algún artigo, sóese normalmente mencionala fonte, pero ata o de agora no que soen ser eventos nunca se fixo xa que é pra dar publicidade do evento. Sí nos artigos e cando nos artigos non se puso á fonte corrixiuse posteriormente.
O obxectivo da DudesConf é similar ao do evento internacional chamado DebConf: reunir aos contribuíntes do proxecto Debian GNU/Linux e porque non, das súas distribucións derivadas para colaborar xuntos no desenvolvemento da distribución, así como de ter a oportunidade de intercambiar opinións, etc...
Xa chega, está á volta da esquina. Momento no que prender as nosas computadoras para o evento Xuventude Galiza Net 2008, este venres os do GLUG e a maioría das asociacións de Soft Ceibe da Galiza estaremos por alí dando guerra e amosando o que máis nos gosta.
Grazas á inestimable colaboración de Mancomun.org, temos unha grande participación no evento, onde cada GUL amosará os seus proxectos e colaboraremos para difundir o software ceibe.
Contamos con varios relatorios e obradoiros entre os que están un interesante obradoiro de robótica, outro onde che imos ensinar como é o proceso de traducción dun programa, ou como empregar plataformas de blogues galegos (blogaliza).Ademáis se queredes ter un sistema operante competente estaremos por alí para votarvos unha man e guiarvos nos vosos primeiros pasos ou mesmo para resolver calqueira dúbida.
Estaremos moi perto vosa xa que teremos presenza tanto na extranet como na intranet. Polo que non dubidedes en pasarvos por alí para coñecervos a faciana.
A Consellaría de Innovación e Industria (CII) apoiará a realización de actividades que promocionen o software libre en Galiza para o que transferirá ao Centro de Supercomputación de Galiza (CESGA), 675.000 euros para o desenvolvemento destas actuacións ao longo do bienio 2008-2009 mediante a firma dun convenio de colaboración entre ambas entidades.
No GLUG andamos na procura de tradutores para o xogo Battle for Wesnoth. O Battle for Wesnoth é libre, un xogo de de estratéxia baseado en turnos cun tema fantástico. A meta é chegar á XGN cun xogo avanzado totalmente traducido ó galego para levar a cabo torneos. Para o cal precisamos de uns cantos de vos que nos voten unha mán.
A forma de traballo acordaríamola entre todos os participantes. Se estades interesados enviademe un contacto
Xa van pola revisión 3 e nesta actualización, de novo, engádense principalmente varias correccións a problemas de seguranza na rama estábel, ademáis de algúns axustes para resolver problemas serios.
Se estades interesados en máis detalles pásate pola páxina da release.