www.mancomun.org
Actualizado: hace 16 semanas 3 días
Mar, 13/05/2008 - 09:15
Desde Audiência Zero (http://www.audienciazero.org/) nos informan da presentación do programa de workshops que van desenvolver durante os meses de maio, xuño e xullo deste ano. En concreto trátase de workshops en Software Libre que se ocuparán de ensinarnos a usar ferramentas como Gimp (http://www.gimp.org/), Blender (http://www.blender.org/), Inkscape (http://www.inkscape.org/), Ardour (http://ardour.org/) e Processing entre outros. Ademais tamén contan cunha experiencia en e-learning con un workshop de Joomla. O cartel do evento é o que se presenta a continuación premendo en Ler máis ...
Mar, 13/05/2008 - 08:24
Dende CiberIrmandade veñen de informarnos de que xa se pode descargar o paquete coa tradución ao galego da parte administrativa (panel de control) de Joomla! 1.5.2. Esta tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de ciberirmandade.org (http://www.ciberirmandade.org/traduCIF/main.php). Todo o traballo do voluntariado foi coordinado por Daniel Muñiz de Trasno. Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente traducido ao galego.Páxina de descargas de tradución de Joomla! ao galego de CiberIrmandade:Descargas lingua galega Joomla! (http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_docman/task,cat_view/gid,88/Itemid,101/)
Lun, 12/05/2008 - 14:27
Visto na páxina de AGNIX (http://www.agnix.org/?q=node/1555): O vindeiro xoves día 15 dentro das iniciativas de actividades promovidas pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información, AGNIX desenvolverá un relatorio en Mondoñedo, co que se tentará achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato o significado de Software Libre así como a importancia do seu emprego xeneralizado, xunto cas posibilidades que pon ao alcance de tod@s para a aparición e fomento da lingua nas novas ferramentas tecnolóxicas .
Lun, 12/05/2008 - 08:32
AMP (http://en.wikipedia.org/wiki/List_of_AMP_Packages)).
Lun, 12/05/2008 - 00:00
Mancomún promoverá a localización de Software Libre ao galego involucrando ás empresas de localización de xeito consensuado co voluntariado. Búscase deste modo evitar unha excesiva centralización que puidera comprometer a continuidade dos proxectos de localización a meio e longo prazo. Esta foi unha das conclusión extraídas da posta en común que tivo lugar durante o encontro “LISA (http://www.lisa.org/) e tamén encamiñar esforzos de cara a consensuar unha guía de estilo para a tradución de software ao galego.
Ven, 09/05/2008 - 11:26
Mañá sábado comezan en Santiago as xornadas G11n: eu traduzo o teu software , que reunirán aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galegoMancomun.org, a iniciativa da Consellaría de Innovación e Industria para a difusión do Software Libre (SwL) e dos estándares abertos, celebra o seu segundo aniversario superando con creces os logros acadados no seu primeiro ano de existencia. Coincidindo con esta data sinalada, Mancomun.org reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego no evento “G11n: eu traduzo o teu software” co propósito de xuntar esforzos e consensuar melloras no proceso. O proxecto da Consellaría, promovido a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, viu modificado este ano os seus ámbitos de actuación, cun incremento dos mesmos a raíz da conversión a principios deste ano no novo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza. Este centro terá como misión fornecer recursos e servizos que promovan a implantación do SwL co propósito de fomentar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galiza. A súa actividade, segundo esta idea, orientaranse en sete liñas: tradución de software, dinamización das tecnoloxías abertas en contornos empresariais e universitarios, implantación de software libre, apoio á formación, difusión e actuacións de soporte técnico. Con estes obxectivos de fondo, Mancomun.org conseguiu neste segundo ano de existencia duplicar a presenza do software libre no ámbito da PEME e triplicala no sector educativo, constatándose ademais un incremento no ámbito doméstico. Este incremento púxose de manifesto coa publicación no mes de abril dos informes sectoriais comparativos do uso do Software Libre en Galiza.
Ven, 09/05/2008 - 10:04
Youtube (http://www.youtube.com/) e visualizalos directamente no reprodutor. Grazas a este complemento, Totem 2.22 dispón dunha caixa de busca de vídeos na barra lateral, onde o usuario só ten que inserir as palabras chave e directamente cargaranse os resultados. Ademais inclúe un separador adicional para ver os vídeos relacionados.
Xov, 08/05/2008 - 11:43
A S.A.X. CESGA convoca unha praza de técnico experto en Software Libre (http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,99/lang,es/) para o proxecto Mancomún. Os requirimentos da praza pódense consultar na oferta completa na seguinte ligazón:Oferta completa (pdf) (http://www.cesga.es/File/empleo/ofertas/2008/DO_DIR_Bases_Tecnico-SL-Maio-08.pdf)Valoración de méritos (odt) (http://www.cesga.es/File/empleo/ofertas/2008/DOC_MERITOS/DOC_MER_TEC_2_SL_08.odt)As actividades a desenvolver dentro do posto, serán, entre outras: Soporte técnico aos usuarios de Mancomún (empresas, concellos, centros educativos, etc.)Administración dos servidores de Mancomún (servizos internet, BBDD, servidor de aplicacións, etc.)Colaboración en actividades de difusión do Software Libre....Os candidatos deberán enviar o C.V. e o documento de valoración de méritos, indicando a referencia correspondente da web do CESGA, antes das 14:00 horas do 19-05-2008: Correo electrónico: emprego@cesga.es (mailto:emprego@cesga.es)Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de CompostelaOferta enviada á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomún (http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ofertas_emprego_software_libre).
Xov, 08/05/2008 - 11:06
Interesante curso sobre a aplicación de deseño vectorial Inkscape. Trátase dun curso elaborado por un profesor de debuxo de Educación Secundaria para impartir a asignatura de Tecnoloxía da información: deseño asistido por ordenador de segundo de bacharelato de Artes. Ao curso chamoulle Inkscape: logo a logo pois a aprendizaxe do uso desta aplicación vaina desenvolvendo ao tempo que explica como se poden facer unha serie de logos máis ou menos coñecidos. É dicir, fai un curso cunha aproximación máis didáctica, pensando no aplicación práctica, que descritiva das distintas funcións do Inkscape.
Xov, 08/05/2008 - 09:29
Dentro dos torneos que se organizan para a Scul Party'08 (https://eseida.ei.uvigo.es/party2008/index.php) vemos un patrocinado por Redegal (http://redegal.com/) para o deseño e programación dun portal en Software Libre (https://eseida.ei.uvigo.es/party2008/modules.php?name=Concursos opcion=VerConcurso concurso=Redegal2.0_en_TYPO3). O obxectivo do concurso é remozar a actual web de Redegal (http://redegal.com/), tendo en conta as seccións actuais e empregando obrigatoriamente o xestor de contidos TYPO3 (http://typo3.org). A puntuación final obterase en función da aparencia estética da web (deseño, usabilidade, funcionalidade, accesibilidade, ...), podendo facer uso das extensións dispoñibles no repositorio de TYPO3. O premio para o gañador será unha Sony PlayStation 3.Especificacións da web:
Xov, 08/05/2008 - 09:18
A Xunta de Galicia promoveu o Software Libre na nosa comunidade, o pasado ano, cun investimento de 1,7 millóns de euros. Así o puxo onte de manifesto o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, durante a xornada de presentación do balance do Plano Galego da Sociedade da Información (PEGSI) (http://www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/index.php?txt=pegsi_presentacion lg=gal) .Este investimento permitiu coordinar e promover iniciativas de difusión e de formación coas que se acadou unha maior presenza do software libre e dos estándares abertos en diversos ámbitos con acceso ás TIC. Neste senso, a porcentaxe de centros de ensino que empregan ferramentas abertas pasou en tan só dous anos do 20 a 65%. Tamén no sector empresarial constatouse un incremento do 10 ao 23% nas empresas de máis de 10 empregados.Asemade, Fernando Blanco destacou no seu discurso a importancia da consolidación de Mancomun.org como o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre como factor clave para a consecución destes éxitos no eido do Software Libre.
Xov, 08/05/2008 - 08:41
Un coñecido hacker que previamente fixo versións de Fedora e de Android (http://code.google.com/android/) para as PDA Sharp Zaurus, acaba de crear unha versión de Ubuntu Linux 7.04 para estas mesmas PDA. Esto permite aos posuidores destas PDA contar cunha S.O. en Software Libre no que poden dispoñer do amplo catálogo de aplicacións dos repositorios de Ubuntu. O desenvolvedor desta distribución recomenda probar a distro primeiro co emulador QEMU (http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/), onde podemos personalizala ao noso gusto, para unha vez completado este proceso, instalala na nosa PDA Zaurus...
Xov, 08/05/2008 - 08:39
A Iniciativa Galega polo Software Libre promove o debate entre a comunidade tradutora ao galego para lograr a optimización do proceso O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia organiza os vindeiros día 10 e 11 de maio en Santiago de Compostela o evento G11n: eu traduzo o teu software (http://wiki.mancomun.org/index.php/G11nd) . Estas xornadas, enmarcadas dentro da campaña da Consellaría de Innovación e Industria para o día das Letras Galegas “Máis internet, máis galego, máis futuro (http://www.maisinternetmaisgalego.org/)”, reunirá aos membros máis activos da comunidade tradutora de software libre ao galego co fin de analizar as estratexias e as ferramentas empregadas. A iniciativa do encontro xurdiu a raíz das ideas xeneradas en torno aos obradoiros de tradución de Software Libre que tiveron lugar durante o Xuventude Galiza Net deste ano (http://www.xuventudegaliza.net/galego/index.php) . Nestas sesións de traballo constatouse a necesidade de consensuar metodoloxías e estratexias conxuntas para a mellora do proceso de tradución. O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia quixo materializar este desexo común coa organización do encontro “G11n: eu traduzo o teu software”, coincidindo coa celebración do 2º Aniversario de Mancomún .
Mér, 07/05/2008 - 15:41
Un concello lituano promove o emprendemento local con cursos de OOo Un total de 600 terminais da Dirección de Gacetas Oficiais (Direction Journaux Officiels, DJO) de París migrarán ao paquete de ofimática libre, OpenOffice.org. Esta entidade é a responsable da publicación e a difusión da lexislación e normativa oficial, os debates parlamentarios e as publicacións legais en París.A DJO decidiu cambiar a OpenOffice.org despois do éxito colleitado co proxecto piloto desenvolto ao longo do pasado ano. Segundo esta iniciativa, vinte membros do cadro de persoal da institución probaron nos seus computadores a alternativa ao software privativo. A finais do pasado mes, a DJO anunciou a contratación dunha empresa especializada para a prestación de soporte na migración total.
Mér, 07/05/2008 - 15:33
Campus Party (http://www.campus-party.org/), que se desenvolverá do 28 de xullo ao 3 de agosto na Feira de Valencia, presentará as novidades máis avanzadas no mundo do Software Libre segundo os organizadores do evento. Nesta edición participarán grandes expertos na materia como Marcus Hardt, membro do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear, o maior laboratorio de investigación en Física de partículas a nivel mundial). Hardt ofrecerá unha conferencia sobre Grid Computing, unha innovadora tecnoloxía que permite utilizar de forma coordinada todo tipo de recursos (entre eles cómputo, almacenamento e aplicacións específicas) que non están suxeitos a un control centralizado. Outro dos grandes relatores do código aberto (http://opentrad.imaxin.com/navegador.php?marcar= direccion=es-gl inurl=http://www.elmundo.es/navegante/2008/04/22/tecnologia/1208887623.html) en Campus Party será Rasmus Lerdorf, inventor do PHP, linguaxe de referencia na Web 2.0...
Mér, 07/05/2008 - 15:22
O Ministerio de Educación portugués a través dun proxecto da Direcção Geral de Innovação e Desenvolvimento Curricular anuncia a publicación en liña da 2ª edición do CD de Software Libre na Escola (2008). O CD consiste nun conxunto de aplicacións coidadosamente seleccionadas para responder ás necesidades da escola, e alén de incluír as aplicacións habituais (navegador, xestor de correo, OpenOffice.org) destaca pola selección de programas educativos orientados ás ensinanzas matemática e técnicas. Todas as aplicacións incluídas son multiplataforma e funcionan tanto en Linux coma en MS Windows XP...
Mér, 07/05/2008 - 09:58
Opera vén de liberar a primeira alpha da súa nova ferramenta de desenvolvemento web, Opera Dragonfly (http://my.opera.com/dragonfly/blog/), baixo licenza BSD. Esta versión está destinada a desenvolvedores ou xente que queira probar o seu funcionamento reportando os erros ou suxestión conseguindo mellorar e retroalimentar o proxecto.A fundación de Opera Dragonfly traballou durante máis de dous anos e as fases que ten completadas son:Entrevistas con desenvolvedores web para coñecer o uso das ferramentas de desenvolvemento e deseñar a nova ferramenta.Primeiros prototipos para o inspector da árbore DOM e DOM snapshot.Implementación do protocolo Scope (http://dev.opera.com/articles/view/opera-dragonfly-architecture/#scope-protocol).Desenvolvemento das novas características para o depurador de Javascript e inspector de CSS/DOM.O desenvolvemento de Opera Dragonfly fíxose dende cero tendo en mente a posibilidade de depurar aplicacións Web sobre dispositivos remotos.
Mér, 07/05/2008 - 09:28
OTRS (http://www.otrs.com/en/) son as siglas en inglés de Open-source Ticket Request System ademais do nome dun programa en Software Libre que permite xestionar este tipo de tarefas. Con este software calquera empresa ou institución pode asignar identificadores únicos chamados tickets a solicitudes de servizo ou de información, de forma que faciliten o seguimento e manexo de ditas solicitudes así como de calquera outra interacción cos clientes ou usuarios. Ademais, tamén teñen dispoñible o software OTRS::ITSM (http://www.otrs.com/en/products/otrsitsm/), tamén en Software Libre, que nos permite levar o proceso de xestión da calidade do software que desenvolvemos...
Mar, 06/05/2008 - 13:56
O II Concurso Universitario de Software Libre xa ten finalistas e datas para a fase final (http://concursosoftwarelibre.org/node/147#actividades). En concreto os finalistas son os seguintes:Minirok, de Adeodato Simó da Universidade de Alicante. [blogue (http://chistera.yi.org/%7Eadeodato/code/minirok/csl2.blog)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-minirok)]Zenphp, de Juan Belón Pérez da Universidade de Granada. [blogue (http://blog.zenphp.es/)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-zenphp/)]R4P de Luis Alberto Pérez García e Luis Ignacio Díaz del Dedo da Universidade Europea de Madrid. [blogue (http://www.r4p.es/wordpress)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-r4p)] xmleye de Antonio García Domínguez da Universidad de Cádiz. [blogue (http://xmleye.wordpress.com/)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-xmleye/)] Pigmeo de Adrián Bulnes Parra da Universidad de Oviedo. [blogue (http://es.blog.pigmeo.org/)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-pigmeo/)] Psychosynth de Juan Pedro Bolívar Puente da Universidad de Granada. [blogue (http://www.psychosynth.com/doku.php?id=es:blog)][Código (https://forja.rediris.es/projects/csl2-psynth/)]
Mar, 06/05/2008 - 08:53
Igalia (http://www.igalia.com), empresa galega de Software Libre, ofrece por sétimo ano consecutivo a posibilidade de realizar prácticas na empresa durante este verán nas súas instalacións de A Coruña ou Pontevedra, a estudiantes de Enxeñería en Informática ou Enxeñería Técnica en Informática con máis do 50% dos créditos superados. “Por que o facemos?A maioría de nós fixemos prácticas en empresa cando eramos estudiantes.É unha boa forma de devolverlle algo a Universidade da que vimos.Tamén é unha boa maneira de contratar xente. Case o 50% das persoas que fixeron prácticas connosco no pasado forman parte da empresa na actualidade.” [Igalia]