blogue de miguelbf

GALPon MiniNo

Fai un par de meses que decidimos formar un equipo de traballo para intentar montar unha alternativa a Guadalinex Mini 2004, máis actualizada, máis práctica, máis rápida e, por que non, máis agradable á vista
Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.

Xa que este traballo foi planexado cara a obter unha distro bilingüe (un dos coordinadores de proxecto non é galegofalante) é importante suliñar o traballo de traducción de aplicacións para acadar unha “distro” doadamente galeguizada, ainda ha moitas aplicacións no “obradoiro” pero xa son só as máis raras.

Instalar Debian e derivadas (Ubuntu, etc...) nun disco USB portátil

Acabo se subir un manual sobre como montar unha Debian ou derivada nun disco USB portátil, incluso nun pincho (Pen drive) de só 4,1 GB.

                                          

O resultado é unha instalación totalmente operativa, configurable, etc ... e que funciona en calqueira máquina de arquitectura PC.

Manual para instalar Debian Testing Xfce e Kde sin Gnome

Despois de volverme parvo tentando instalar Debian testing/lenny con escritorios Xfce ou Kde a partir das ISO semanais  e xa que  para os noveis pode parecer unha barreira e quedan insatisfeitos coa "Etch", decidin por negro sobre branco a experiencia.

Como sempre está na nosa wiki

Linux 0.99 First Linux release.

Hoxe, investigando pola rede atopeime cunha páxina para "arqueologos", na que entre outras cousas atopei a primeira versión do noso querido "Linux", a versión 0.99.

Aquí vos deixo o enlace: http://www.vetusware.com/select-by/category/OS/?cat=1

Mellorando "history-completion"

Veño de subir a nosa wiki  un truquete para vagos, presurosos, desmemoriados ou comodóns, para mellorar a busqueda de liñas de ordenes en terminal/consola, así os que sodes coma min teredes as cousas máis doadas. 

Documentación Sobre software Libre, GNU/LInux, OOo, Gimp, Firefox etc.. en fascículos

Dunha factura impecabel, son validos incluso para as aplicación sobre S.O. privativo

copio literalmente de http://guadalinex.org

Colección de fascículos libres

Última modificación 26/02/2008 19:52

 

La Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa publica una colección de fascículos sobre Software Libre.

Nova convocatoria do GRUVI para entrega de equipos reciclados a entidades sociais sen animo de lucro

GRUVI dispón nestes momentos de case 30 pc's listos para ser entregados as entidades que cumplan os requisitos habituais nas convocatorias.

Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, amáis de axustar as características dos equipos, axustase o software instalado.

Como particularidade, nestes momentos hay unha serie de equipos que só son validos para "mergulladores na rede" e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, ainda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos.

Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras laser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto.

"Curso de Iniciación a Guadalinex Mini para voluntarios da Universidade de Vigo"

Dentro do marco de colaboración que GALPon mantén co GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.

Cursiños de iniciación en Caixanova impartidos por GALPon

CaixaNovaFroito da colaboración con Caixanova, GALPon ofrecerá cursos de Software Libre no centro social que ten a entidade bancaria en Vigo. Os cursos serán eminentemente prácticos, dirixidos a calquera persoa sen coñecementos previos de GNU/Linux ou Software Libre.

Nova entrega de xogos CC de CaninoEstudio Multiplataforma

       

Esto é o que nos contan na web dun dos autores

Distribuir contido