Tras visionar o vídeo da nova que anosaterra TV dispón, quedan claras moitas das posturas sobre que é "Galinux" para as distintas personaxes que contornan o mundiño do software libre.
Pero, ¿que é realmente Galinux? Tratando de poñerse nas distintas perspectivas (e con pizca de escarnio):
- Para os políticos: un sistema operativo libre en galego. Así mesmo o descreben na presentación (ver ligazóns) cando queren facer a mensaxe doada para o "utente" (si, "usuario" segundo eles). Pero sacando peles á cebola, é unha ferramenta política para xustificar unha lexislatura que remata en poucos meses. Pseudoproducto artellado pola Consellería de Innovación e Industria, e máis en concreto por Mancomun.org, non é máis que unha partida de gasto ¿xustificada? para empacar unha coñecida distribución GNU/Linux e unha pila de paquetes de traducción en galego, facer un márketing brutal e darlle ó bombo na precampaña electoral.
- Para os GULs: un nome mal escollido que conleva unha polémica polo rexistro da marca. ¡Menudo fregado! que se montou na lista de correo onde se comunican os múltiples GULs (Grupos de Usuarios de Linux) de Galicia, principalmente pola propiedade da marca "Galinux" que se fixo a nome dun particular coa excusa de acelerar o proceso de rexistro, pero que catapultou unha serie de fíos de conversa con trapos sucios e quentes entre Mancomun e incluso entre os propios GULs. Sen dúbida, é unha polémica onde quedan moitas cousas que aclarar, dende o problema do rexistro da marca ata o tipo de licenzas para este tipo de productos.
- Para outras distribucións: unha competencia desleal que aproveita o traballo no que viñan concentrando os seus esforzos. Ata o de agora, outras distribucións e grupos de traballo tiñan o protagonismo no eido de traducir o software libre ó galego, e agora, por arte electoral e de súpeto, apareceuse un producto apadrinado oficialmente e cunha campaña casi comercial que tal vez debería incorporar unha mención ós grupos e persoas de traballo que co seu tempo e bo facer traballaron para que fora posible ter os programas traducidos ó galego.
- Para outros actores da película: pois a outros que aparecen no vídeo parece que nin lles vai nin lles ven. Como AGASOL (asociación de empresas galegas de software libre) ou o responsable de BrOffice que continúan falando do seu, e queda moi ben dicir "vai ser actualizado pola xente que máis entende diso: vostede o usuario" pero de verdade ¿alguén cree que o usuario vai facelo? Que o evento estivo cheo, si, para bailar todos xuntos ó son de gaita de fondo.
EN REALIDADE, e mirándoo con filtros de subxectividade, hai que desmentir e dicir que non é un sistema operativo libre (en) galego: é un metapaquete que non aporta nada efectivo á comunidade de software libre, pois cando presumiblemente quede desactualizado como distribución, continuará existindo Ubuntu e estarán os mesmos pacotes de traducción e se poderán instalar dende Internet. Cara o usuario final hai un efecto de achegarlle GNU/Linux en galego, que se pode entender como algo positivo, pero o motivo de peso para os políticos xa está explicado.
Se de verdade se quixera facer algo pola comunidade a medio/longo prazo, habería que invertir o custe que supuxo Galinux en coordinar máis os traballos de traducción, que se fixo en parte para acadar o obxectivo real, pero que se podería facer moito máis con vistas a ser productivos para a comunidade e menos autobombo. Mesmo xa postos en gastos e pensando nos usuarios, non viña mal un centro de soporte (email, teléfono ou web) para os "utentes" de Galinux...
Ligazóns:
Comentarios
Thanks for sharing this
Thanks for sharing this cissp dumps nice information. I appreciated your all post. All are full informative 83-640 and useful for blogger. If all bloggers offered the same content as you, the internet would be BH0-006 a much better place. Keep it up.i will come back here to see more updates in future CISA as well.my best wishes for you always so keep it up.regards
Todo o que sexa sumar benvido sexa, pero a verdade por diante
Quero dicir, que mancomun difunda o software libre e entre outras cousas para elo adopte baixo unha marca con ese "bombo" o traballo de tantos voluntarios, perfecto. Todos gañamos.
Pero, o recoñecemento o traballo de tanta xente e a verdade por diante, ¿deberíase vender (ainda que non venda tanto) como unha simple traducción o galego de ubuntu e outros paquetes?.
E non debería adoptar características de facto en tantas distribucións como "innovacións" de galinux, ¿é unha innovación que galinux se poida executar como un livecd?.
Ainda que por outra banda entendo que todas esas mensaxes están dirixidas a chamar a atención do usuario final, e quizais sexa mais sinxelo convencelos con estas "maravillas" galinuxeiras que explicando que significa todo o movemento do SwL, e de donde ven galinux e que é en verdade galinux.
que foi antes
...que significa todo o movemento do SwL, e de donde ven galinux e que é en verdade galinux.
jejeeee, que foi antes: OVOnto ou galinux :DDDD
Aquí:
Aquí: http://galinux.mancomun.org/#
contannos o seguinte ... Teñen especial importancia as achegas da comunidade de tradución de software ao galego (g11n) coa coordenación de Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre.
Tendo en conta que o ghaliñus só é, como ben dices, un metapaquete xa instalado e todo maquedao... non vexo o merito, e máis vexo como "rouban" o merito a Ubuntu Galician Translatror, ó Proxecto Trasno, etc... que non foron nin promovidos nin coordenados por mancomun nin diós que se lles pareza.
Si, xa sei, agora sairan os victimistas dicindo que si o OOffice, que si o Firefox, todo, todito fruto do traballo de mancomun. ós voluntarios, a súa coordenación os seus proxectos, todo iso vai ser que non existía antes ou que eran entelequias que non traducian.
Maldito medo a berrar que na súa maioría é traballo voluntario, non señor, hai que facer enfase nas empresas e nas fundacións.
A todo esto, Debian onde queda? ou , onde se cita? ahhhhhhhhhh, é que non é empresa nin fundación nin entidade "ghost" (ó xeito) mancomun, xa me parecia.
entidade ghost
é que non é empresa nin fundación nin entidade "ghost" (ó xeito) mancomun, xa me parecia.
¿Poderías explicar iso de "ghost"?
imos responder
Ten mancomun o seu correspondente CIF ?
Non, ou sexa non existe, pero esta presente, incordia, fai coxegas ... é unha pantasma!
Galinux
Boas, coido que igual se está a sacar un pouco de nai o tema. Na miña opinion un conselleiro o que fai e poñer a sua faciana avalando un proxecto sendo evidente que non vai facer mención a todolos curriños que traballaron no proxecto, os conselleiros non están para iso, seguramente nin saiban de que vai nin estén interesados en sabelo. O unico que fan e aportar o "prestixio" da sua consellería para dar publicidade e validez a un proxecto e coido que iso si que se conseguiu e que traballando na mesma liña pois se poden conseguir máis cousas.
Non digo que estea perfecto como se fixo pero coido que é un paso moi importante conseguir que un conselleiro presente formalmente unha distro en galego e iste acto pode pesar moito na decision de moitas empresas nestes tempos de crises de mudar cara o software libre.
Non quero que se tome coma un ataque persoal a ninguen senon como unha critica constructiva e un intento de seguir colaborando entre todos para mellorar a situacion do software libre na galicia, taloguiño...