Galponada "Introducción a Drupal"

O sábado día 6 de outubro, as 19:00 na Cova dos Ratos (rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto plazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

Unha galponada é unha reunión, máis ou menos formal, organizada pola asociación GALPon onde un dos socios expón algún tema relacionado co mundo do software libre, coa idea de compartir coñecemento. O ambente da miniconferencia é cordial xa que os que asistimos relacionámonos como membros da asociación, pero pode asistir calquera: non cobramos entrada :-)

Os puntos a tratar na galponada "Introducción a Drupal" son:

  1. Introducción ó CMS Drupal: Que é o software de xestión de contidos na web e Drupal. Comunidade e software libre.
  2. Instalación: Requisitos e descarga de Drupal. Configuración básica e posta en marcha.
  3. Configuración xeneral: Estructura do portal. Información do sitio. Plantillas de diseño precargadas.
  4. Traducción da interfaz: Idiomas para a interfaz. Descarga e instalación de idiomas. Xestión de cadenas.
  5. Usuarios e roles: Creación de usuarios. Administrador, identificados e anónimos. Roles e control de acceso.
  6. Navegación: Menús, rutas e enlaces. Control de bloques e opcións de menú.
  7. Contido: Concepto de nodo de información. Páxina estática. Nova. Formatos de entrada.
  8. Expandindo funcionalidade: Módulos de sistema. Descarga e instalación de módulos extra.
  9. A comunidade Drupal: Módulos e plantillas desenvolvidos pola comunidade. Soporte na rede. Documentación.

Isto é unha guía para a galponada e seguramente produndicemos nalgún tema máis que outro, dependendo da curiosidade e preguntas dos asistentes.

O obxectivo é coñecer Drupal sen saber nada de programación nin configuración de sistemas; tan só un pouco de Internet para poder chegar a montar un blog moi versátil e de forma rápida. Non se verán temas avanzados que podería ser futuras segundas partes, como, por exemplo: as toneladas de módulos extra, creación de plantillas, desenvolvemento de módulos propios, etc...

A localización da Cova dos Ratos é:


Ver mapa más grande

 

cimg0798.jpg cimg0802.jpg cimg0792.jpg cimg0801.jpg cimg0795.jpg cimg0799.jpg cimg0804.jpg cimg0806.jpg