Desistidas as solicitudes de axuda feitas por GALPon á DXPISI

Estimados socios e colaboradores:

GALPon solicitou este ano dúas axudas á Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información para actividades de formación e difusión do Software Libre:
        Cursos de formación TIC de Software Libre (8 cursos cun total de 375 horas)
        Cursos de formación Xeral de Software Libre (5 cursos cun total de 175 horas)

Ambalas dúas solicitudes foron desestimadas por "emenda incorrecta" á hora de correxir a falla de documentación.

O motivo exacto é a falla de orzamentos detallados dos profesores dos cursos coas horas e o importe a cobrar aínda que GALPon presentou unha folla coa estimación dos gastos que tería por estes conceptos.

Sendo este inconvinte a causa da resolución definitiva non queda máis que facer un recurso potestativo de reposición ante a DXSIPI no prazo dun mes contados a partir do día da notificación da resolución definitiva (27 Setembro 2007).

En principio non se continuará o proceso para facer o recurso potestativo de reposición e polo tanto o proxecto de formación empregando estas axudas queda anulado.

Este error é única e exclusivamente responsabilidade da Asociación por non realizar correctamente todos os trámites burocráticos sendo o presidente da mesma o máximo responsable.

Agora, como presidente da Asociación, quero pedir disculpas a todas as persoas que se ven afectadas pola anulación do proxecto de formación que comezamos este ano. Todo o esforzo feito non servíu para nada. Esperemos que esta situación non se volva a repetir en próximas ocasións.

Agradecer o interese de todas as persoas que enviaron os seus CV para participar deste proxecto.

Sen máis polo momento, estou á vosa disposición para aclarar calquera dúbida.

Un cordial saúdo,

presidente@galpon.org