Obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" na Universidade de Vigo por GALPon

O Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con GALPon, o obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" de 30 horas e convalidable por 2 créditos de Libre Elección.

Neste curso práctico, disporase de 20 ordenadores con GNU/Linux co que os alumnos poderán empezar a coñecer este sistema operativo. Inclúense a instalación e configuración dunha sistema completo na computadora ademáis de traballar con diferentes entornos gráficos como Gnome e KDE.

O prazo para a matriculación vai dende o 15 ata o 26 de Outubro e comezará o 29 de Outubro na E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións do campus de Lagoas - Marcosende da Universidade de Vigo, os luns e martes pola tarde.

Máis información