Ciclo de Conferencias - Taller "GALPon 2007 na UVigo"

O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra organiza o Ciclo de conferencias - taller "GALPon 2007 na UVigo" dende o próximo 18 de Outubro ata o 6 de Novembro. Máis de 30 horas repartidas en diferentes días para falar de temas coma a Sinatura Dixital, Media Center feito con GNU/Linux, Escritorios Lixeiros para recuperar computadoras obsoletas, Home Station para ter na casa, seguridade en redes WiFi e mesmo desenvolvemento en PHP con patTemplate.

Non é preciso facer inscrición algunha, todas as conferencias son gratuitas e de libre acceso grazas ao apoio da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes e á E.T.S. Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

Máis información...