A Xunta de Galicia, a través da súa Presidencia, saca a concurso público o suministro dos equipos informáticos para os telecentros galegos obrigando a ter Windows XP neles. Isto vai en contra das liñas aprobadas no parlamento galego a través do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información) para reducir a fenda dixital en Galicia onde se apoian explícitamente o uso de estándares abertos e Software Libre...
Na nova orixinal en AGNIX, que respalda totalmente GALPon, tomaranse medidas contra este tipo de concursos e as súas especificacións técnicas onde chégase a rozar a ilegalidade. Os grupos de usuarios que desenvolven actividades a prol do software libre en Galicia, e todas e todos os demais que pensan semellante, non poden seguir consentido actividades coma estas.
A denuncia pública do que está acontecendo ten que ser un feito urxente, é moito o que está en xogo, é demasiado co que están a xogar, é preciso que saiban, que entendan que empregaremos todos os medios incluíndo os xudiciais para facer valer os nosos dereitos, ao fin os dereitos da cidadanía galega.
Comentarios
Censura en Código Cero???
A nova apareceu en Código Cero pero xa non está...
http://www.codigocero.com/spip.php?article2609
Por se alguén non a viu... enviámosche este enlace, cortesía da caché de Google :-)
http://64.233.183.104/search?q=cache:_aiohzVwY1AJ:www.codigocero.com/spi...
E se aínda así non aparece fixemos un PDF...
http://www.galpon.org/wiki/images/e/e7/20071019_codigo_cero_nova_censura...