Impresións do II Encontro (Inter)Nacional de BrOffice.org

O venres pasado celebrouse o II Encontro Nacional de BrOffice. Dende máis de 20 puntos ao redor do mundo podíase participar no evento. Eu estiven en Santiago de Compostela no reitorado da USC nun deses puntos xunto con Suso Baleato da iniciativa Mancomun.org, Manuel Hermo e Roberto Brenlla de AGNIX e Ramom Flores pola parte do proxecto Trasno. Ademáis estaba xente de Imaxin e o noso querido Pedro Silva de Blogaliza.

A participación de Galicia centrábase na palestra de Suso Baleato sobre o "Impacto do OpenOffice.org na comunidade galega". Tiveron mención especial tanto AGNIX, por artellar a participación neste encontro, coma o proxecto Trasno e maila empresa Imaxín pola súa labor de localización do OpenOffice ao galego.

Todo foi coordinado polo grupo de BrOffice.org e en especial polo anfitrión Claudio F. Filho. O despliegue tecnolóxico era impresionante.

Ao principio houbo un pequeno problema de axenda porque a xente de Alemania non daba conectado pero logo de resolver a incidencia, puidose continuar.

Ainda que a miña participación foi tan só presencial, quedei gratamente impresionado pola organización e mailas palestras que se ofreceron pola videoconferencia simultánea en varios países.

Estou á espera de poder ver todo o evento baixo streaming canto antes. A ver se o amigo Claudio pode subir as gravacións canto antes :-)

Noraboa ao grupo de BrOffice.org!!

A participación galega Carlos Rodríguez (capri99) e Pedro Silva (goretoxo) Roberto Brenlla e Suso Baleato Jeovani Salomao cimg1019.jpg Roberto Brenlla, Manuel Hermo e Suso Baleato Frente ao reitorado da USC