Publican en "A Nosa Terra Diario" unha nova sobor da colaboración de GALPon coa Universidade de Vigo a través do GRUVI na reciclaxe de máquinas obsoletas (?)
Entresacado:
Montar computadores con pezas de aparatos vellos condenados ao lixo. Isto é o que fan no Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo (GRUVI), unha iniciativa única no país para regalar ordenadores a organizacións sen ánimo de lucro.
No GRUVI colabora a Universidade co Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPON) e de Ourense (GULO). E é que o software libre, os programas que calquera pode copiar e mellorar, xogan un rol clave neste pioneiro proxecto.