Cuota GALPon lista para executar

Ano novo e toca paga-la cuota de GALPon. Si, non é afán recadatorio tipo SGAE, pero a parte de que precísase para xestionar a asociación, dígoo para eses que se esquecen e logo chega o momento no que queren desconto por socio en linuxparty e festas de software libre....

Son só 15 euros cada ano natural (de 1 de xaneiro a 31 de decembro). É simbólica de 1 euro ó mes máis 3 pagas extra :-) e ademáis de dar preferencia ante calquera actividade de GALPon frente ós non socios, fai sentirmos linuxeiros e libres en canto ó uso de software ;)

A forma de pago recomendada é transferencia dos 15 euros á conta 2091 0568 12 3040001156 (Caixa Galicia) sin esquecer pór o número de DNI ó NIE no concepto (importante, que despois non sabemos de quen é o ingreso).

Os socios que no haxan abonado a cuota anual se lles informará de seu estado de impago e no caso de persistir esta situación se lles dará de baixa na próxima Asamblea Xeneral da Asociación. Para evitar esta situación os socios deberán actualiza-los seus datos de contacto para recibir estas notificacións que serán realizadas principalmente por e-mail.