Trolltech anuncia que a biblioteca Qt liberarase con licenza GPL v3 tra-la presentación de KDE 4.0. O cambio de licencia definitivamente cara a nai do software libre despexa calquera dúbida que houbera sobre as restriccións dunha licencia propia como viña sendo coas librerías base do KDE e polo que moitos desenvolvedores recelaban das súas intencións.

Sen dúbida é unha moi boa nova para o comunidade KDE e para o software libre en xeral. O entorno de desenvolvemento de KDE é dos máis eficientes e doados de usar para construir aplicacións coas que usuarios traballan a diario nun entorno de escritorio GNU/Linux. Segundo a maioría de programadores, "construir aplicacións coa base das bibliotecas Qt é de un sinxelo e satisfacción inigualables".
O éxito das Qt veñen dende o seu nacemento cando a empresa Trolltech liberou as súas primeiras versións de Qt coma alternativa a outras bibliotecas para o tratamento gráfico do escritorio como Motif, que dominaba nos entornos *nix naqueles tempos onde o ambiente de licenzas estaba no seu apoxeo privativo e restrictivo. Xusto cando GNU/Linux comenzaba a súa carreira, que ainda hoxe continúa a chegar cada día máis lonxe, apareceu Qt, e unha gran parte dos programadores quedaron encantados de non pagar royalties. Non quedaron tant encantados os puristas que miraban que a licenza Qt non era libre nos sentidos que recomenda a FSF e que fixo, por exemplo, que o software Kde estivera na sección "restricted" de Debian por algún tempo.
A presión da comunidade e a saída doutra alternativa totalmente libre como foron as librerías Gtk, que hoxe compiten na ben coñecida chamarada Kde vs Gnome como escritorios, fixo que Trolltech fora modificando as restriccións da súa licenza sobre as Qt. Nas derradeiras versións, xa estaba prácticamente liberada para o entorno GNU/Linux, pero ainda se criticaba que para algunhas plataformas seguían coas restriccións en dereitos que remataban en Trolltech. Coa adopción da licenza GPL xa non caben dúbidas de ningún tipo e poderase programar e ampliar de xeito verdadeiramente libre para Kde con Qt.
Que Trolltech o faga nestes intres é un gran acerto, xa que o fan coincidir co lanzamento de KDE 4 e espérase que consiga posicionarse no primeiro posto de escritorios para GNU/Linux, acompañado cunha nova explosión de aplicacións desenvolvidas coa nova licenza para as Qt e atracción de desenvolvedores de software libre que tiñan dúbidas sobre a licenza. Polo mesmo motivo, para Gtk e Gnome, a nova non é tan boa xa que en certo modo, competían por atraer desenvolvedores e usuarios.
Máis info: "Trolltech to adopt GPL 3 for Qt" en Ars Technica.
Comentarios
bueno, creo que las QT
bueno, creo que las QT están más que bien (aunque para los que usamos Gnome las aplicaciones hechas en QT -por lo menos hasta ahora- pierden un poco la apariencia del escritorio, para KDE no hay pega..
es más, QT tiene un buen IDE para desarrollar aplicaciones, un conjunto de librerías más que aceptables, muchísima documentación, etc... pero personalmente, donde falla -para mi gusto, claro- es en el lenguaje, y es que personalmente el C++ a mi, hoy en día no me resulta nada atractivo, es quedarse a medio camino entre el C y el C#, por eso a mi nunca me sedujeron demasiado las QT..
bueno, todo esto a riesgo de no pecar de bocazas, desconozco si actualmente tienen ya soporte "estable" para C#, C (sin ++) o algo así..