Dados os ENORMES problemas (ubuntu, debian, archlinux) que me ocasiona o receptor de infravermellos da tarxeta Hauppauge PVR-150 que teño para crearme un media center, busco substituto estable. Preciso un dispositivo de entrada de infravermello que funcione con LIRC. Segundo a propia páxina do programa, non serven adaptadores USB, só valen os de porto serie.
Busquei nas habituais páxinas de hardware e só atopo do primeiro tipo, "USB dongle". Se soubese de electrónica tamén podería facer un, pero non é o caso. Así que:
¿Sabe alguén onde podería mercar un dispositivo con estas características?
¿Alguén ten un arrinconado e está disposto a vendermo?
¿Alguén se atreve a fabricarme un a medida?
¿Algunha outra solución a este problema?
Obrigado de antemán.
Nas tendas de compoñentes
Nas tendas de compoñentes electrónicos e donde mellor os atopas.
Hai anos que eu os usaba para "prolongar" o control de videoproxectores e era onde os mercaba.