Nova convocatoria do GRUVI para entrega de equipos reciclados a entidades sociais sen animo de lucro

GRUVI dispón nestes momentos de case 30 pc's listos para ser entregados as entidades que cumplan os requisitos habituais nas convocatorias.

Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, amáis de axustar as características dos equipos, axustase o software instalado.

Como particularidade, nestes momentos hay unha serie de equipos que só son validos para "mergulladores na rede" e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, ainda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos.

Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras laser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto.

A información da convocatoria, na páxina oficial: http://webs.uvigo.es/gruvi/index.php?option=com_content&task=view&id=25&...

Como sempre, o Software instalado será Libre, nomeadamente GNU/Linux segundo as especificacións de GALPon que é o responsable deste eido.