GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.

GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...

Segundo as palabras da presidenta de Microsoft Ibérica que subliñou sobor os seus productos que "este software permite extender el uso del gallego a través de las TIC y forma parte de la intención de la empresa de «adaptar» sus productos a todos los idiomas, algo que espera que sus competidores imiten porque «significará que ellos también aceptan el gallego como lengua cooficial", pódese extraer que non considera ao sistema operativo de GNU/Linux coma competidor xa que xa estaba traducido antes que calquera dos sistemas operativos da multinacional.

Na foto amosada aparecen Carlos Rodríguez, o xerente de TEGNIX e actual presidente de GALPon, xunto a Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, ambos felices e "contentos"... Ademáis, no álbum de imaxes, pódese ver a Pedro Silva de AGNIX e Miguel Bouzada de GALPon no acto.

Comentarios

mesmo fin?

Polo que me dixo un paxariño, M$ é unha vil empresa que só quere acadar cota de mercado e beneficios económicos custe o que custe e caia quen caia.

Polo que teño entendido Galpón é unha organización sen ánimo de lucro, que ten como fin o fomento de Linux e o software libre en xeral.

Mesmo fin?? Nunca!!

Probablemente "vil" non sexa

Probablemente "vil" non sexa o adxetivo máis adecuado, pero non andas mal encamiñado. A táctica de M$ sobre o mundo do Software Libre está sendo de infiltración e desmembración como se pode observar das conclusións de Julián Coccia e Jose María Lancho na web de Legalventure.

Temos que ter en conta que M$ é unha empresa cunha posición dominante que está perdendo mercado e lóxicamente reacciona creando incertidume e inseguridade nos seus competidores.

Pero a comunidade tampouco é "parba". Esta foto que tomei coa Presidenta de M$ Ibérica é unha demostración do preto que podemos estar deles defendendo os nosos intereses nun entorno "hostil" con preto de 200 partners de M$ presentes frente a 3 pelagatos que estábamos alí. Eu levei unha camiseta rechamante (vermella con letras blancas) para que o señor Touriño e a Directora de Política Lingúistica observaran que en calquera foro está presente a comunidade de Software Libre. Seica é un xesto un pouco "fora de lugar" pero está claro que nesta guerra contra o Software Privativo calquera xesto vale con tal de facer lobby, presión ou mesmo o "payaso" para dicir que estamos alí, que non nos encondemos polas presións de ninguen nin de ningunha empresa.