Boas a tod@s,
Como algún xa coñece, na casa utilizo algún material de refugallo de empresas. Dende hay varios anos, teño unha impresora Canon LBP-3260 (B/W láser) que me fai un gran uso para as miñas tarefas. O peñazo e que non son quen de atopar drivers compatibles con Linux, co que teño que ter unha partición de XP onde vou metendo todo o que quero imprimir e reiniciar o sistema para facelo.
Xa probei con todos os modelos de CANON que aparecen coa distribución, co arquivo PCL de Windows e cos que atopei na páxina web de Canon e o resultado é impresión de moitas páxinas de lixo.
Alguén atopouse con un problema similar?
Salu2,
Gabi
non quero parecer pesado,
non quero parecer pesado, supoño que xa o farías, pero por se as moscas podes probar a usar estes arquivos (páxina de Canon)
o 1º é un .zip autoextraíble co PPD, só tes que renomealo o 2º podes executalo co wine (vou buscar cómo unir a impresora de wine coa de CUPS e xa seguirei)
http://software.canon-europe.com/software/0004913.asp?model=
http://software.canon-europe.com/products/0000533.asp
se o anterior xa o probaras ¿probaches a imprimir a baixa resolución? é un problema que me ten pasado con impresoras aparentemente compatibles: desbordamento da memoria da impresora.