GALPon volta á vida

Despóis dunha eternidade, conseguimos recuperar a web e pouco a pouco iremos restablecendo tódolos demáis servizos (listas de correo, webs asociadas, wiki). Foi un encadenamento de sucesos que implicou ós administradores de máquina, que o sitio de aloxamento non ten copias de seguridade, que os técnicos marcharon de vacacións, que os servidores DNS había que reconfiguralos...

Esperamos que pouco a pouco retomemos a actividade na rede ó 100% e que galpon.org siga sendo unha das vosas webs preferidas. Namentres, para salvar a falla das listas, suxerimos o uso dos foros ós que podedes acceder pola opción "foros da fala" do menú da esquerda.