II Xornadas de Programación Web con Software Libre

Dende Ousli queremos anunciar estas próximas Xornadas que estamos a preparar e que terán lugar do 23 ao 27 de Xuño no edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense.

Mostralas posibilidades que as TIC, en materia de desenvolvemento web, ofrecen para levar a cabo proxectos integramente con Software Libre é o obxetivo das II Xornadas de Programación Web en Software Libre.

Decidimos organizar estas II Xornadas tralo éxito da primeira edición e esperamos que estas Xornadas convírtanse nun punto de encontro de referencia entre estudiantes, docentes, desenvolvedores web e profesionais das TIC en xeral.

Contaremos con relatores de reconocido prestixio a nivel nacional en materia de Software Libre e grandes coñecedores de plataformas web que están detrás de importantes proxectos coma barrapunto, menéame, blogaliza, chuza, mancomún e moitos máis.

As conferencias van ser principalmente prácticas porque cremos que este tipo de Xornadas, onde os asistentes seguen a charla como si dun obradoiro tratárase, fan máis labor de formación que unhas simples charlas/conferencias.

As Xornadas están organizadas co apoio fundamental da Consellería de Innovación e Industria a través do Centro de Referencia de Servicios de Software Libre, Mancomun, a Vicerreitoría do Campus universitario de Ourense así coma da Escola Superior de Enxeñaría Informática da que procedemos casi tódolos miembros de Ousli.

Está aberto o prazo de inscrición polo que os interesados deberán inscribirse previamente na web das Xornadas onde, encontraranse máis información relacionada coa semana das Xornadas, como chegar a Ourense e ao lugar do evento, onde atopar aloxamento, onde comer, etc.

Aínda que a Xornadas teñan un coste para os participantes, o asistir ás ponencias é totalmente de valde. A única diferencia é que non se terá opción ao diploma das Xornadas, material relacionado co evento e outras moitas cousas.

Estas son as ligazóns do evento:

url: http://encontros.ousli.org
url inscripción: http://encontros.ousli.org/participants/add
url noticia en ousli.org: http://www.ousli.org/content/view/154/1/