Oferta de traballo para a nova Oficina de Software Libre da USC

No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do software libre.

PERFÍS:

  • Coordinador. Capacidade e experiencia demostrable en xestión de recursos e organización de actividades de formación e difusión no ámbito de software libre.
  • Técnico. Capacidade e experiencia demostrable en soporte técnico para a organización de actividades de formación e difusión no ámbito de software libre e experiencia no desenvolvemento e mantemento de portais web.  

FORMA DE CONTRATACIÓN: No caso do coordinador será un contrato e no caso do técnico será unha bolsa.

DURACIÓN: Desde xullo de 2008 ata decembro de 2009.

SOLDO APROXIMADO: 1733 euros brutos/mes, no caso do coordinador, e 1200 euros brutos/mes, para o bolseiro.

LUGAR DE TRABALLO: En Santiago de Compostela, no Campus Sur da USC.

SELECCIÓN DE CANDIDATOS: Os/as interesados/as deben enviar o seu Curriculum Vitae e expediente académico detallado ao enderezo electrónico

atic.software@usc.es. A data límite para a recepción de solicitudes é o 4 de xullo de 2008.

Máis información: atic.software@usc.es