GALPon MiniNo

Fai un par de meses que decidimos formar un equipo de traballo para intentar montar unha alternativa a Guadalinex Mini 2004, máis actualizada, máis práctica, máis rápida e, por que non, máis agradable á vista
Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.

Xa que este traballo foi planexado cara a obter unha distro bilingüe (un dos coordinadores de proxecto non é galegofalante) é importante suliñar o traballo de traducción de aplicacións para acadar unha “distro” doadamente galeguizada, ainda ha moitas aplicacións no “obradoiro” pero xa son só as máis raras.

Agradecemos de antemán a todos aqueles que queiran participar como betatesters e anímense a probala, a reportar erros, enviar suxestións, mostrarnos alternativas, etc...

Para os máis impacientes, que non poidan esperar a que terminemos de montar a web, o foro de axuda e a ISO instalable... deixámosvos unhas notas para instalala en cru:

Para o que non estea familiarizado coa instalación de Debian, pódese ver isto mesmo de forma máis completa aquí.

1) INSTALAR LENNY BÁSICA.

Descargar un cd instalable de Debian Lenny

http://cdimage.debian.org/cdimage/weekly-builds/i386/iso-cd/debian-testing-i386-CD-1.iso

Proceder á instalación coas seguintes opcións:

- Iniciar o CD coa opción "expert"

- Idioma (Galego ou Español) PERO na codificación elixide es_ES.UTF-8 e gl_ES.UTF-8 (elixide os dous)

- Contrasinais: optar pola instalación tipo "sudo" (ou sexa, NON permitir a entrada como root) e MOI IMPORTANTE

Usuario: user

Contrasinal: user

- En selección de software DESMARCAMOS TODO.

2) INSTALAR GALPon MiniNo.

- Ao iniciar a Debian Lenny esquelética que instalamos no punto anterior, entramos como user/user e a continuación «sudo su» (user) para converternos en administradores.

    cd /

    wget http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/script-beta

    sh script-beta

- Unha vez que termine todo o proceso reiniciamos o computador con «reboot» ou Ctrl+Alt+Del e debe iniciar directamente no escritorio de traballo.

No "Cartafol persoal" tedes un ficheiro .html de Axuda con casos específicos que xa coñecemos e que vos poden servir por se tedes unha configuración parecida. Se tivésedes un problema distinto e conseguides solucionalo, agradecemos que o reportedes para poder incluílo.

Sen máis, deixámosvos os correos onde podedes contactar co equipo de GALPon MiniNo:

Antonio Sánchez (introlinux en gmail punto com)

Miguel Bouzada (mbouzada en gmail punto com)

Deixovos uns pantallazos feitos por Antonio (versión en castelan)

Pantallazo 1

Pantallazo 2

Pantallazo 3

Comentarios

I can see that you are

I can see that you are putting 350-050 a lot of time and effort into your blog and detailed articles! I am deeply in love with every 352-001 single piece of information you post here. Will be back often 640-460 to read more updates in future 640-553 as well.my best wishes for you always so keep it up.regards

Estos sistemas están

Estos sistemas están obsoletos, mcse dumps no se puede usar sobre ellos ni impresoras nuevas, ni escáneres, ni webcams, comprados recientemente (por recientemente me refiero a 5 años) porque ya no  Mcdba se fabrican drivers para ellos, también estarían limitados a la hora de usar algo tan común hoy día como es una memoria flash USB. Por no hablar network+ certification de que no tienen soporte alguno y que hace muchísimo tiempo que se dejó su venta. Por supuesto, dejamos al lado el tema de los cuelgues aca certification  y pantallazos azules.

público os recursos

público os recursos lingüísticos xerados durante a tradución, que son de cbest exam enorme valor, non foron postos a disposición pública. Tamén, as traducións de Microsoft Windows XP, Vista ou Office son ccp exam traducións parciais e non inclúen a axuda, instalación ou outros elementos localizables. Para o catalán, éuscaro e galego, están concebidas como traducións subordinadas do español ou do francés no caso catalán; así que o usuario non ten libertade absoluta para instalar o soporte da súa lingua pois esíxeselle que teña determinadas versións dos produtos Microsoft Windows e Office da versión española ou francesa.Que Microsoft traduza e ofreza servizos nas linguas propias destas comunidades cdl exam non repercute máis ca no propio beneficio da empresa que atendendo ás necesidades lingüísticas dos seus usuarios, especialmente de tres do máis importantes, as populosas administracións dos gobernos balear, cen exam catalán, galego e vasco coas súas respectivas institucións locais, consegue

Grupo de discusión

Para cualquer tema relacionado con GALPon MiniNo podedes empregar o correo-e do grupo

minino-distro@googlegroups.com