Asociación de Software Libre canadiense denuncia ó seu goberno por mercar software privativo

Asociación FACILA Asociación de Software Libre de Quebec (FACIL), denuncia ó goberno da súa provincia por mercar software privativo de forma masiva sen solicitar orzamento alternativo.

Segundo FACIL, o goberno de Quebec alega a compra directa a un fornecedor privativo porque non dispón de outras opcións. Pola contra, FACIL argumenta que estase a utilizar trucos para abusar disto e que non cumpren os requerimentos para poder facer compras por parte da administración.

Entre febreiro e xuño levan gastados 25 millóns de dólares en software de Microsoft, e se pensa que a cifra ascenderá a 80 millóns de dólares (uns 55 millóns de euros) gastados nun ano tan só en licenzas de Windows Vista.

FACIL, ademáis de denunciar legalmente os feitos, aconsella que eses cartos gastados nas licenzas se invirtan en crear postos de traballo entorno o software libre como o fan Francia ou Holanda (e nos engadimos Extremadura e Andalucía). A medio prazo, convírtese nunha ventaxe estratéxica e, polo tanto, unha boa inversión que evita depender dun fornecedor de software que sae moi caro os cidadáns.