Grazas ó traballo do Equipo de GALPon MiniNo xa temos dispoñible en galego o navegador web Arora na súa versión 0.4 e incluido (dende onte) o ficheiro gl.ts no git do proxecto.
Si alguén quere ou precisa del está tamén dispoñible en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/traduccions/arora/git-20080907/ incluido o binario gl.qm
Hai tamén dispoñible un .deb compilado sobre Leny (a versión dos repos é a 0.2 para lenny e a 0.3 para sid) aquí: http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/EXTRAS/arora_0.4-minino~git20080907-1~lenny1~upstream1_i386.deb que xa inclúe o gl e máis a actualización do castelán
MB
Comentarios
"locales" de arora
En buntu hai un paquete de arora específico e non sei ben como vai.
Ainda así, recomendo que fagas un .deb no canto de compilar, tan só...
cd /ruta/a/cartafol/arora
sh builddeb.sh (se mal non recordo xa que non o teño diante)
é un constructor de deb's integrado no paquete
De todolos xeitos, os paquetes de locale estan en /usr/arora/locale, ahí debes ter (ou copiar ahí) o gl.qm.
Recomendo que na medida do posible empreguedes os gl.ts da nopsa web, xa que si atopamos algunha errata correximolos inmediatamente (é hai un par delas nas fontes), así mesmo o deb está sempre feito sobre a última versión do git e coas últimas correccións dos locales.
MB
Arora en galego
Parabéns pola traducción! Non coñecía o Arora, é unha maravilla e vai como un foguete. O compilei e instalei en Ubuntu, e nos locales xa ven o galego. O que non sei é como cambiar de idioma, xa que me aparece en inglés, e facendo o que din na páxina de Arora non me cambia (ou o fixen mal).
Saúde,
mmeixide