GALPon celebra o seu 6º aniversario :-)

Aniversario GALPonComo ven sendo norma na Asociación, este próximo día 15 de Novembro celebrarase o 6º aniversario de GALPon ao que estades todos invitados.

O lugar será no Bar Tapeo (preto da rúa Florida en Vigo) a partires das 21:30h... e levaremos o plotter, faremos fotos e por suposto haberá TARTA!!

Por favor confirmade a vosa asistencia enviando un correo á lista ou a info@galpon.org

Esperamos que sexa unha festa tan divertida coma a do ano pasado.