BrOffice.org exemplo mundial de comunidade ao redor de OpenOffice

OOConference2008A comunidade de BrOffice.org representada por Claudio F. Filho foi exemplo de colaboración na "OpenOffice.org Annual International Conference (OOoCon)" celebrada esta semana pasada en Pequín (China) onde se reuniron os desenvolvedores e colaboradores principais desta suite ofimática do mundo enteiro.

Como comenta Claudio no seu blogue, este evento é o máis importante para calquera persoa interesada ou que traballe con OpenOffice. Nas diferentes reunións discutiron sobre diferentes temáticas coma o "Interface", "Idioma Nativo", as do "Consello Xeral" ou as de "Márketing" onde se comentou que certos blogs de persoas da comunidade están sendo vixiados por Micro$oft, que iniciou unha campanha mais agresiva na Europa con respecto do M$ Office 2007.

Louis Suarez-Potts, xerente xeral de comunidades do OOo, comentou que se precisa aumentar a comunicación entre os pontos, procurando entender as accións que están dando con certeza noutros países, tal como no Brasil, e adaptar para a realidade doutros países.

Xa na reunión de idioma nativo, as cuestións tornáronse máis duras, coma o de por qué non hai tanta contribución como se puidera ter en muitos países, ou de ter pouca penetración noutros, entre outras cuestións. Neste ponto, de novo o exemplo do Brasil foi utilizado, mas desta vez de maneira intensiva. Louis comentou a respeito dos traballos da comunidade brasileira a través de redes sociais (os gubros), da revista BrZine, da relación Comunidade - Goberno a través da OSCIP BrOffice.org - Projeto Brasil, sobre os modelos de relación institucional, a forma de se relacionar con outras comunidades como o exemplo de Galicia, a través do traballo cos galegos para producir a revista para a xente daquela rexión, entre outras cousas.

Nesta primeira entrega do blogue de Claudio, tamén aconteceron anécdotas e curiosidades pola diferencia cultural entre Occidente e Oriente que viviu en primeira persoa.