O delegado da SGAE para a zona noroeste tivo que facer fronte a preguntas complicadas que deixaron en entredito a transparencia desta organización nas III Xornadas Audivisuais organizadas polo IES Audiovisual de Vigo
Na conferencia ofrecida por D. José Manuel Rodríguez, explicáronse as funcionalidades da SGAE coma o proceso de alta dos socios, o proceso básico de xestión, o sistema de reparto do recadado e as cifras coas que se move esta asociación.
Dos máis de 90.000 socios de que dispón, menos dun 10% ten acceso á información do reparto e recadación a través da web.
O método máis "peculiar" e irregular que emprega esta sociedade consiste en contratar unha empresa privada que por medio dun "inspector/a", sen formación legal aparente, leva unha gravadora (de audio) e empeza a gravar antes de entrar nun local indicando o nome deste, a data e hora de entrada para logo seguir recollendo o audio unha vez dentro. Finalmente se envía esta gravación ao centro de procesamento en Madrid para recoller a información dos autores que poidan ser socios da SGAE e proceder ao expediente ao local. Polo que se pode apreciar, esta gravación non é unha proba FEHACIENTE xa que NON É UN NOTARIO quen está dando FE do que acontece no lugar e polo tanto este procedemento pode ter IRREGULARIDADES coma que a persoa que fai a "inspección" está noutro local.
O importe total recadado a través dos diferentes medios (TV, Cine, Radio, Discotecas, Concertos...) é de 377 millóns de euros dos cales non se comentou a porcentaxe (a pesares de ser preguntado explícitamente) que ven do Canon Dixital para copia privada. Sobre esta materia un asistente fixo a pregunta sobre o por qué de non aplicar este canon por copia privada xustamente ao que xera o privilexio de telo (a compra dun orixinal), é dicir pagar un precio superior á hora de mercar un orixinal para cubrir o dereito de ter unha copia privada. O asistente non obtivo resposta chegando á conclusión de que é máis rendible cobrar un canon en todos os soportes físicos (magnéticos, ópticos, etc) que cobrar un sobreprecio no producto orixinal que é o que en realidade xera o privilexio de copia privada.
Outras preguntas sobre o sentimento de acoso no que se atopan os locais que ofrecen concertos de autores que NON queren ser socios da SGAE ou o das empresas duplicadoras de CDs que cobran o canon a pesares de indicarlle que o contido é libre ou que non pertence á un autor da SGAE foron feitas polos asistentes salientando o pouco interese da SGAE en formar e informar a estas entidades e polo tanto creando unha especie de "mafia" que cobra un imposto revolucionario indiscriminadamente.
Plantexáronse varias solucións para non caer na rede da SGAE como o de licenciar a obra coma Creative Commons con permiso para explotalo comercialmente permitindo que os locáis poidan reproducir a música sen teren que pagar os dereitos de autor e publicitando aos autores nóveis.
Sobre este último punto, é salientable coma a SGAE creou recentemente unha plataforma para reproducir durante un corto período de tempo (apenas uns 30 segundos) autores que non son tan recoñecidos a través do seu portal dixital, idea que xa se emprega no P2P para transmitir cultura SEN LUCRO... ¿será que a xente da SGAE estase a dar conta do mercado dixital e estase a adaptar as regras establecidas polo P2P?
Sobre a SGAE
A SGAE é unha sociedade privada que xestiona os dereitos de autor en España pero ten convenio con outras entidades doutros países para realizar esta labor recíprocamente, onde os dereitos de autores internacionais son defendidos pola SGAE e os autores españois son defendidos por outras entidades internacionais neses paises.