Incubouse a nova asociación de empresas galegas de software libre

O mércores 23 de maio, houbo unha xuntanza de empresas galegas na capital de Galiza para tomar a iniciativa de crear unha nova asociación que rexunte ás empresas galegas relacionadas co software libre. Pretendeu ser a toma de contacto para iniciar o procedemento de constitución legal da asociación, ademais de tomar apuntes das inquedanzas e necesidades das empresas galegas no paradigma do software libre.

Á chamada de xuntanza acudiron máis da ducia de representantes de empresas dende distintos puntos do país, guiados por Javier Vázquez Lamas, de Igalia, que convocou de forma aberta e cun enfoque completamente democrático o plantexamento da asociación: un call for papers en toda regla, onde se plantexaron os conceptos da natureza da asociación, obxectivos da mesma, definicións de empresa de software libre, limitacións ou máis ben non limitacións, etc...
 
A iniciativa de rexuntar sinerxias empresariais con base no software non é novedosa, e de feito, a presentación estivo acompañada gratamente de Daniel Armendáriz, presidente de Euskadi Software Libreko Enpresen Elkartea - ESLE, que aportou a súa experiencia e vivenzas da iniciativa idéntica no País Basco, que xa é unha realidade dende hai tempo con máis de 25 empresas e 150 traballadores aportando os seus recursos. Tamén comentáronse outros modelos de asociación como a de Cataluña e os seus estatutos a seguir.
 
Dos asistentes puidose comprobar a satisfacción coma primeiro contacto e rematouse cun espléndido aplauso, non sen antes, quedar para unha treboada de ideas canalizada a través dunha lista de correo, para ir perfilando os detalles da constitución da asociación. O que desexe anotarse á lista que contacte con Javier Vázquez no seu enderezo: jvazquez@igalia.com.
 

Comentarios

Agradecementos

Este artigo foi posible grazas ó préstamo por uns intres do portátil de Roberto Brenlla correndo Ubuntu ;-)