Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.
Drupal acadou, con bo criterio dende logo, un posto finalista na categoría de "Blogues, contido web e ferramentas de deseño". Se ben non é moi lóxico competir con productos coma Adobe Flash ou Google Analytics, aí está Drupal entre os 25 finalistas (eu penso que estará entre os 10 primeiros sen moito problema).
¡Drupal para alcalde! :-)