Compromiso democrático en defensa do software libre

Coñecemos ben os síntomas que causan os monopolios: debilidade democrática, dependencia tecnolóxica, corporativización dos procesos regulatorios, corrupción estrutural da Administración Pública. Levamos anos nese punto exacto.

Ante as eleccións ao Parlamento Europeo diversas asociacións de software libre, comprometidas na defensa das liberdades dixitais, queren situar no debate central da futura política de Estado, a necesidade de que as infraestruturas informáticas públicas desenvólvanse sobre software libre.

A urxente necesidade de que a nosa democracia e os servizos públicos básicos non queden comprometidos e condicionados por intereses privados de empresas, moitas veces non europeas, é un debate alleo a intereses de partidos e un punto esencial dunha Europa libre e tecnolóxicamente independente.

Hispalinux en España e GALPon en Galicia, solicitan aos candidatos ao Parlamento Europeo que subscriban, polo interese da nosa democracia, un pacto dixital pola independencia tecnolóxica.

free-software-pact_gl.odt

free-software-pact_gl.pdf

free-software-pact_es.odt

free-software-pact_es.pdf

Comentarios

Ante las elecciones al

Ante las elecciones al Parlamento Europeo diversas asociaciones de software libre, comprometidas en la defensa de las libertades digitales, quieren situar en el debate central de la futura política de a+ exams, la necesidad de que las infraestructuras informáticas públicas se desarrollen sobre software libre.