Microsoft agora tenta fragmentar o ODF

Tal e como xa fixera con Java e HTML (por citar só dous casos) Microsoft investiu agora polo menos 12 meses de traballo en intentar fragmentar o estándar ODF no mercado de TI: Unha vergoña. Prometo que estaba preparado para publicar esta semana un fío eloxiando a Microsoft por lanzar, finalmente, o SP2 do Office 2007 con soporte nativo de ODF, pero desgraciadamente despois das probas iniciais de distintos usuarios, o que vemos é un intento absrudo de enganar aos consumidores (que pagan polo software) e fragmentar o estándar ODF na industria de TI.

Cando utilizo o termino «fragmentar», refírome á coñecida táctica de utilizar a «creatividade» durante a implementación dun estándar, de modo que tal implementación só sexa compatible coa súa ferramenta (quen viu os sitios que só funcionan en Internet Explorer saben moi ben de que estou falando). Externamente, os documentos parecen idénticos, pero cando se mira o seu interior, vese que son completamente diferentes, o que fragmenta a uniformidade esperada co uso dun estándar.

Un dos primeiros artigos publicados sobre o tema e do que recomendo a súa lectura é o de Rob Weir, coordinador do OASIS ODF TC (grupo que desenvolve o ODF, do cal son membro). É terrible o que fai Office 2007 coas follas de cálculo ODF existentes.

Os detalles técnicos están no blog de Rob, pero en resumo, cando se abre unha folla de cálculo existente como ODF (extensión .ods) no Office 2007, simplemente elimina a totalidade das fórmulas matemáticas existentes, sen advertir nada ao usuario, deixando só os valores nas celas (resultado do cálculo das fórmulas, que foron almacenadas previamente no mesmo documento). Se un usuario quere pór a proba o ODF no Office 2007, e sen prestar a debida atención, decide gardar unha folla de cálculo aberta xa existente, sobrescribirase o documento, eliminando tódalas fórmulas, coma se estivese escribindo un documento que foi completamente feito a man (como unha simple táboa). Xa teño visto cousas absurdas na vida, pero nada comparado con isto.

Cando se utiliza Office 2007 para xerar unha nova folla de cálculo, as fórmulas almacenaranse de maneira que só o Office 2007 (ou o CleverAge, un plug-in de soporte para ODF no Office 2007 desenvolvido en Open Source e patrocinado por Microsoft) poderá ler o documento. Iso elimina a posibilidade de que calquera outra aplicación existente sexa capaz de ler o documento.

Mentres que o primeiro problema simplemente elimina toda comprensibilidad dos procedementos dentro da folla de cálculo (fórmulas), o segundo somete ao usuario a Office 2007 para sempre (xa vimos esta película antes, non?).

A xustificación que Microsoft pode intentar utilizar para isto, é a falta de definición de fórmulas en follas de cálculo no ODF 1.0/1.1. É interesante observar que no ODF 1.2 (que se desenvolve coa participación de Microsoft), este problema resolveuse coa creación do OpenFormula.

No primeiro cadro comparativo no post de Rob, que resume un ensaio sobre o mesmo tema que fixo fai un par de semanas, é fácil ver que, ata sen ningún tipo de definición das fórmulas das follas de cálculo dentro do ODF 1.1, a interoperabilidad entre as aplicacións existentes e probadas (KOffice, OpenOffice, Google Docs, Sinphony e o complemento de Sun para Office) existe de facto (fóra de CleverAge que presenta algúns problemas). Isto significa que todos os demais desenvolvedores estan obrigados non só a cumprir cun requisito de norma, senón tamén ao desenvolvemento dunha verdadeira e útil aplicación interoperable para os seus usuarios. Rob di que o conxunto das fórmulas utilizadas por estas aplicacións (baseado en OpenOffice) desenvolveuse sobre a base das fórmulas do Excel (polo menos irónico, non?).

Tamén destaco que os problemas atopados en OpenOffice cando Rob reiterou a súa probas coa nova versión da suite, foron causados por que os desenvolvedores do OpenOffice 3.0 decidiron incorporar o soporte a ODF 1.2 (que aínda está en desenvolvemento en OASIS) como o formato predefinido da suite ofimática. Non cuestiono tal decisión, pero recomendo a todos os usuarios de OpenOffice 3.0 que coñezo, que cambien a configuración da súa suite para utilizar como predefinido o ODF 1.0/1.1 (no menú Opcións de OpenOffice hai un grupo chamado «cargar/gardar» - ou algo equivalente - no cal que se pode facer a configuración recomendada). Admiro o esforzo dos desenvolvedores de OpenOffice para incorporar o ODF 1.2 á súa ferramenta, pero creo que debería ser posto como unha característica adicional, non como o seu formato predefinido (uso OpenOffice 3.0.1 para traballar con ODF 1.0/1.1 e non atopei ningún problema de interoperabilidad ata agora).

Gustoume tamén ver o que escribiu PJ (Groklaw) como achega do MSOffice SP2. PJ non desenvolve software e, polo tanto, creou un documento de texto simple e o que atopou é demasiado absurdo.

PJ escribe algo moi interesante, e estou 100% de acordo :

«... Estimada Microsoft, vostedes poderían facer algo respecto diso? É só código, o que significa que se pode corrixir. Na medida en que o seu código é propietario, non podemos arranxalo. Só vostedes poden facelo. Como di a vella canción, podería acelerar isto? Outros, como Google Docs parecen ser capaces de traballar con follas de cálculo en ODF. Por que vostedes non? Non me cabe dúbida de que haberá melloras, pero cando ...»

Como non teño ningunha máquina con Windows e Office 2007 para as probas, probei algunhas cousas sobre o SP2 intercambiando documentos con amigos que teñen Office 2007 co SP2 e aquí están os meus 2 céntimos para todas as probas que a xente esta facendo (e publican os resultados a cada segundo na rede):

Microsoft Office 2007 non soporta cifrado (protección con contrasinal) en documentos ODF!

Xerei un documento ODF de texto (.odt) simple co OpenOffice, e gardeino con protección por contrasinala. enviei o documento (e o contrasinal) a varios amigos, e o resultado sempre foi o mesmo: MS Office non pode abrir o documento, xa que está protexido con contrasinal (algúns deles nas súas máquinas tamén teñen outras ferramentas con soporte ODF e no 100% dos casos o documento foi aberto sen problemas).

Pedinlles que xerasen un documento texto ODF no Office 2007 con contraseinal e que mo enviasen a min. Informáronme que cando se intenta facelo, o Office presenta unha mensaxe de advertencia dicindo que non pode usar un contrasinal para gardar o documento utilizando o formato ODF.

Quixera atopar unha explicación técnica para isto, xa que o cifrado e a protección con contrasinal están completamente especificados no ODF 1.0/1.1 (artigo 17.3 da especificación), e utilízanse algoritmos moi coñecidos por calquera desenvolvedor.

Un comentario de Rob no seu fío (que non trata de cifraxe) é capaz de comentar con mestría o problema que atopei (e estou totalmente de acordo con Rob):

«... Ensináronme que xamais debia presumir malicia cando a incompetencia pode ser a explicación máis simple. Pero o grao de incompetencia necesario para explicar a pobre implementación de ODF no Service Pack 2 é tan de tolemia que lévame a ter os peores pensamentos ...»

É impresionante ver como Microsoft amosa constantemente a maior falta de respecto aos seus clientes, aos seus «partners» no mercado, ademais de facer unha demostración de completa incapacidade para o cambio.

Todos os comentarios son benvidos (como sempre) e quen atope máis textos comentando problemas relativos a ODF no Service Pack 2, por favor, que poña as súas ligazóns nos comentarios (podemos facer este post unha referencia para a investigación futura sobre o tema).

A miña recomendación final: Non utilizar Office 2007 co Service Pack 2 para o manexo de documentos ODF. Se a súa decisión é, a pesares de todo, utilizar MS Office, instale o plug-in de Sun, pero recomendo realmente que busque outra solución que soporte adecuadamente o ODF. Non perda máis tempo con aqueles que non lle respectan.

Quen queira seguir diariamente as noticias sobre ODF no mundo, recomendo unha visita diaria ao Planeta ODF.

Traducido desde: http://homembit.com/2009/05/microsoft-agora-tenta-fragmentar-o-odf.html

 

Comentarios

respond this topic

term papers online is a fresh tool that truly assists students with the prime custom research paperwork. It not only helps students write better custom papers, but also decreases familystress. I'm a very big fan!

answer

I apprise your issue related to this good topic. I wanted say that I didn’t detect such kind of master writer until today. Could you create the truly well written dissertation writing and thesis help?

answer this post

According to my own exploration, billions of people in the world receive the credit loans at good creditors. Thence, there's a good chance to get a sba loan in all countries.

Nadšenie z

Nadšenie z oslobodenia a citové vzťahy k ruským vojačkom využila cissp exam KSČ na budovanie mocenských pozícií. Okrem armády, bezpečnosti (povereníkom vnútra bol komunista Husák) a štátneho aparátu rozmiestňovala svojich ľudí všade. Na základe Benešových dekrétov (kým nebolo zvolené acs certification Národné zhromaždenie vydával prezident zákony, ako svoje dekréty) boli znárodnené všetky výrobné podniky s viac ako 50 zamestnancami, premenené na národné podniky a do ich čela postavení národní správcovia. Všetky poľnohospodárske majetky nad 50 ha pôdy boli skonfiškované a rozdelené medzi malých roľníkov. Prideľovacie exam 70-680 dekréty na bežiacom páse vydávalo ministerstvo poľnohospodárstva a povereníctvo poľnohospodárstva spravované komunistami.( Pravda vtedy nik roľníkom neprezradil, že darovanú pôdu o 5 rokov budú musieť 70-647 braindump bezplatne odovzdať do zakladaných JRD.). Hneď založili aj zväz poľnohospodárov, ktorý posielal svoje davy na rôzne demonštrácie a stávky podľa pokynov KSS. Komunisti celkom ovládli aj

Noticia duplicada

Por algunha estraña razón a noticia está escrita 2 veces. Aviso para que se corrixa. De todolos xeitos, un editorial moi bo.