A Asociación Galega de Empresas de Software Libre reuniráse coa Consellería de Educación para estudar a implantación de Software Libre nos centros de ensinanza de Galicia. Este xoves, o xerente de AGASOL contará co apoio das empresas galegas, grupos de usuarios a prol do Software Libre ademáis de profesorado que empregan xa esta tecnoloxía con éxito nos seus centros a pesares do nulo apoio por parte da Consellería no uso de Software Libre nos centros.
No 2007 as asociacións galegas e profesorado procuramos unha vía para achegar a responsables da Consellería de Educación as inquedanzas que a sociedade en xeral e estes colectivos en particular temos respecto ao Sw Libre no ensino. Daquela demoramos máis dun ano desde o primeiro contacto interno, logo mantivemos diversas entrevistas ao longo de 2007, tanto internas como co SIEGA, ata a definitiva reunión coa conselleria, Laura Piñón, en febreiro de 2008 (1).
Daquela considerouse conveniente dar continuidade a esa iniciativa dado que a composición da Xunta foi anovada tralas eleccións. Para completar a representatividade (2) se decidíu incorporar a empresas de AGASOL e ao primeiro coordinador de Mancomun.org toda vez que agora, xa fóra da órbita do centro de referencia, tamén é profesor de ensino secundario (dobre motivación daquela).
Máis información:
(1) http://brenlla.blogaliza.org/2008/02/22/resultados-da-reunion-coa-consel...
(2) O grupo que defenderá os intereses do Sw Libre neste caso serán:
-Carlos Carrión, profesor IES San Clemente (Santiago)
-Manuel Morán, profesor IES Chan dos Montes (Marín)
-Jesús Arribi, ex-coordinador de Mancomun.org e profesor do IES San Clemente (Santiago)
-Luis Alberto Fdez Marqués, xerente de AGASOL
-Roberto Brenlla (CKO de TEGNIX)
Comentarios
Outras preguntas sobre o
Outras preguntas sobre o sentimento de acoso no que se atopan os locais isee test que ofrecen concertos de autores que NON queren ser socios da SGAE ou o das empresas duplicadoras de CDs que cobran o canon a pesares de indicarlle que o contido é libre ou que non lsat test pertence á un autor da SGAE foron feitas polos asistentes salientando o pouco interese da SGAE en formar e informar a estas entidades e polo tanto creando unha especie de "mafia" que cobra un imposto revolucionario indiscriminadamente.Plantexáronse varias solucións para non caer na rede da SGAE como o de licenciar a ccp test obra coma Creative Commons con permiso para explotalo comercialmente permitindo que os locáis poidan reproducir a música sen teren que pagar os dereitos de autor e clep publicitando aos autores nóveis.