O galego ten unha variante española, segundo Micro$oft

Segundo a configuración dispoñible no Internet Explorer 7 de Micro$oft, o galego ten unha variante dialéctica que é a española. Este feito demostra o pouco xeito que teñen de facer o software privativo, namentres o Mozilla Firefox contempla a lingua galega coma unha soa lingua sen vinculación ó castelán, que ven sendo a forma correcta.

As preferencias de idioma actúan no momento de solicitar unha páxina web, como por exemplo, a de Galpon.org: o navegador envía, xunto coa petición do recurso que quere obter, unha cadea cos códigos da lingua de preferencia que o usuario ten configurada. O servidor escolle o contido dacordo a esa cadea e a sirve, se está dispoñible, na lingua de preferencia. Pode probar a ler este artigo en galego (gl) ou en castelán (es) cambiando a configuración do idioma no seu navegador e recargado a páxina.

Os códigos de dúas letras usados para identificar os idiomas veñen dados polos estándar ISO-639 e RFC-4646 que din que cada idioma ten o seu código e, a continuación, separados por un guión, pode especificarse un dialecto que normalmente está asociado a unha rexión. Así, o código en-us especifica o dialecto inglés falado nos Estados Unidos, en-en para o dialecto inglés falado na Inglaterra, ou es-ar para o español falado na Arxentina.

Idiomas en IE7

Lonxe de buscar malintencións, é un erro maiúsculo contemplar unha variante española do galego. Saltan os ollos cando o software máis usado para navegar na rede de redes só permite, de serie, configurar o noso idioma coma unha única variante...

Máis información: