A partir de hoxe abrese o prazo para a presentación de relatorios e obradoiros para as "II Xornadas de software libre na USC" que terán lugar O 19, 20 e 21 de setembro deste ano nas Universidade de Santiago.
Estas xornadas están organizadas pola "Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela, Aulusc" xunto co "Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, Glug".
As Xornadas de Software Libre na USC naceron como un evento de referencia para a intercolaboración dos LUGs galegos, co obxectivo de intercambiar experiencias, presentar relatorios e obradoiros referentes ao Software Libre. Este ano, igual que o anterior, a temática principal versará sobre redes en GNU/Linux e outros sistemas libres, aínda que está aberta a calquera outra proposta de interese.
Os principais temas de interese son os seguintes:
Sobre o formato dos traballos existen dúas posibilidades: obradoiros e relatorios. Os obradoiros deberán ter un carácter práctico cunha duración de entre tres e catro horas. As propostas de obradoiros deberán especificar os requisitos de hardware e software precisos ou aconsellables para a sua realización. Os relatorios terán unha extensión de dúas horas aproximadamente.
O prazo para presentar as contribucións nos temas de interese mencionados abrangue dende o 15 de xullo ata ó 26 de agosto do 2007. Estas contribucións poderán ser enviadas o seguinte enderezo de correo, secretario@glug.es (co título da mensaxe "Proposta para as II Xornadas USC").
A selección dos traballos estará baseada na novidade e calidade do traballo e na adecuación aos tópicos de interese, intentando promover a participación de tódolos LUGs.
Atentamente, o Comité Organizador.
Xullo 2007, Santiago de Compostela
Entidades Colaboradoras: