O complemento FirefoxFalaGalego permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, para realizar a tradución emprégase o servizo Opentrad. Pódese instalar dende a páxina de complementos para o navegador firefox.
Para utilizar o complemento so fai falla seleccionar un texto en castelán e premer as teclas ALT + G. Despois de esperar a resposta por parte do servizo Opentrad, amosarase nun div a tradución do texto seleccionado. Neste pequeno popup aparece a opción de copiar ao portapapeis ou pechar o popup.


Xa estamos a traballar na nova interface na que se poderá escoller a dirección da tradución (castelán-galego ou galego-castelán), esta é unha mostra da nova apariencia:


Se tes algunha suxestión estaremos encantados de escoitala. vifito[at]ousli[dot]org
Para chuzalo: http://chuza.org/historia/ousli-libera-firefoxfalagalego-un-complemento-...