O grupo GALPon foi un dos madrugadores que chegaron á carpa do Software Libre no Festigal, xunto con Agnix, Compostela Wireless, GLUG e Inestable, que estaremos todo o día de Galicia no Campus Sur da Universidade de Santiago. Boa mostra do madrugón era o sono que levaban algúns e que non puideron cos nervos relaxados despois dunha intensa noite...
Na carpa dase información sobre o software libre, repártense DVD's con GNU/Linux, OpenOffice, amósanse novas tecnoloxías novas e libres onde destaca o trebello Belenus. Belenus é un proxecto para conectar por UMTS e wifi aplicable o rural galego totalmente autónomo.
Agardámosvos o longo do día, nun ambente de festa :-)