GALPon.org preséntase cunha nova inteface gráfica froito do cambio de sistema de administración de contidos web. Mellorar o acceso da información e proporcionar novas ferramentas a todas aquelas persoas interesadas en promover e difundir o uso do Software Libre foi o que nos fixo escoller un novo esquema web baseado en Drupal, permitíndonos estar máis preto da Web 2.0
Coma calquera migración, o traballo está sendo duro, máis estamos ledos de que xa temos resultados moi positivos. Varios socios e socias de GALPon traballan para que todo esté dispoñible en rede pouco a pouco.
Algúns deles xa os coñecedes como caligari, elboube, emeteo, bleeding, mentor, melibea, raster, cougar, cbf, mbouzada, ... (perdoade se non podo meter a todo o mundo).
Agradecementos ao hosting no CESGA (un pouco máis de memoria sería estupendo ;-) e por suposto á xente de Mancomun.org e aos 12 ou 13 grupos galegos que apoian o Software Libre polo súa colaboración.
Tamén quero agradecer o traballo da comunidade desenvolvedora do anterior sistema de administración de contidos, o noso querido Xoops, co que levábamos case 5 anos convivindo xuntos.
Esperamos que disfrutedes deste novo sistema e seguimos traballando a reo polo Software Libre.
Comentarios
¿Cursillito de Drupal?
Buenos días:
Os deseo la mejor de las suertes con vuestra nueva web, estoy seguro que el resultado será realmente bueno.
Os hago la siguiente propuesta: aprovechando la experiencia que adquirireis a medida que vayais haciendo la migración de Xoops a Drupal y la configuración de vuestro sitio web podríais hacer un cursillito sobre Drupal.
Hace algún tiempo que tengo la idea de aprender a manejar este sistema de gestión de contenidos y la verdad, un curso de alguien que además de una introducción a Drupal cuente su experiencia concreta, me encantaría.
Cuando hablo de un curso, no quiero decir gratis :-). Por ejemplo, un curso como el que se impartió en la Universidad de Murcia, se saldría (30 horas, por unos 100 eurillos).
¿Qué os parece?
A web antiga está dispoñible aínda
Na ligazón que vedes arriba á dereita que pon "GALPon web 1.0" ( http://www.galpon.org/xoops/ ) está toda a web que tiñamos antes.
Pouco a pouco iremos pasando o imprescindible cara o Drupal.