drupal

Lo que aprendí de la Galponada de Drupal

Después de haber asistido a la galponada que dió Rafa, me he llevado la impresión de que el Drupal mola pero aún no lo he visto a pleno rendimiento...

Según entendí, el Drupal lleva desarrollándose desde el 2000, está actualmente en más de 100.000 sitios web e incluso está recomendado por IBM gracias a la robustez de su código fuente.

Su gran competidor es el Joomla (que apenas conozco).

Galponada "Introducción a Drupal"

O sábado día 6 de outubro, as 19:00 na Cova dos Ratos (rúa Romil número 3, Vigo), haberá unha galponada que tratará sobre o CMS Drupal guiada por Rafa Couto. O obxectivo é coñecer, partindo de cero e a modo práctico, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade e con máis proxección de futuro a curto plazo. Colabora a Asociación Cultural CalEiDoSKopiO.

cimg0798.jpg cimg0802.jpg cimg0792.jpg cimg0801.jpg cimg0795.jpg

Nova versión 5.2 de Drupal con actualización de seguridade

A nova revisión é unha actualización de mantemento para arranxar un par de vulnerabilidades de seguridade. Se ben as fallas non son doadas de explotar, sempre existe a posibilidade de facelo, polo que recoméndase actualizar os Drupal executándose en contornos de produción, tanto para a versión 5.x coma para 4.7.x.

Vota por Drupal

Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.
 

Recursos para traducir aplicacións á Lingua Galega

Temos recursos dabondo, dispoñibles na rede e gratuitos, para axudarnos coa laboura de traducir dende a lingua nai do desenvolvedor á nosa lingua. Este é unha análisise viva dos programas xestores de cadeas de traducción e das ferramentas en liña (glosarios e diccionarios).

Este artigo vai paralelo á tarefa da documentación no wiki do recentemente creado Galiza Drupal Group, ó que animamos a xente a subscribirse para colaborar ou estar ó tanto dese proxecto.

Nova cara para GALPon.org, mesmo espíritu

GALPon.org preséntase cunha nova inteface gráfica froito do cambio de sistema de administración de contidos web. Mellorar o acceso da información e proporcionar novas ferramentas a todas aquelas persoas interesadas en promover e difundir o uso do Software Libre foi o que nos fixo escoller un novo esquema web baseado en Drupal, permitíndonos estar máis preto da Web 2.0

GALPon web 2.0

¡Benvidos á nova versión da web de GALPon! Collimos a decisión de trocar de CMS e imos de estrea co flamante Drupal na súa versión 5. O troco é significativo na forma de pensar nun sistema xestor de contidos que vai cara ó concepto da web 2.0. Agardamos que vos guste tanto como a nós.

Distribuir contido