Dentro do marco de colaboración que GALPon mantén co GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
Como deixo indicado no comenzo dos manuais, a instalación de Deli Linux non me deixou totalmente satisfeito, así que emprendín o traballo de facer unha Debian a medida da máquina e das necesidades que pode ter un posible destinatario desta máquina (é unha máquina do GRUVI).
Gustaríame recibir críticas, consellos, suxerencias por se fose posible melloralo, antes de pechar a súa edición (como veredes ainda está en obras, falta engadir algún detalliño).